cnt cnt

Galiza

A CNT de Betanzos estivo na rúa

Betanzos. 19 Xuño, 2010 - 09:27
concentracion da cnt de Betanzos
tirado de Betanzos Libertario:

Manifestación 26 xuño en Compostela: Nin recortes de dereitos nin reforma laboral

Compostela. 18 Xuño, 2010 - 09:25
26/06/2010 12:00

cartaz mani 26 xuño contra a reformaAnte o brutal ataque contra os nosos direitos ao que nos vemos sometidos por parte dun governo pregado aos intereses do Capital, que por unha banda nos impón unha reforma laboral, a máis marcadamente neo-liberal da história, que pretende dispor de man de obra máis barata e dócil, traballo máis precário, aumento da temporalidade e maiores facilidades para que a clase empresarial siga a obter xugosos benefícios à nosa costa, e pola outra, unha reforma das pensións que proxecta elevar a idade de xubilación até os 67 anos, ademáis de aumentar o número mínimo de anos necesários para poder aceder a unha pensión, ademáis de outros recortes sociais, desde a CNT da Galiza convocamos unha manifestación en Compostela para o sábado 26 de Xuño. A manifestación partirá da Alameda às 12:00, para rematar na Praza de Cervantes cun mítin no que falarán dous compañeiros da confederación galaica e Antonio Baena, ex-secretário de acción sindical da CNT estatal.


Chamamento urxente á xente que traballa

Ferrol. 17 Xuño, 2010 - 23:13

O goberno aprobou unha reforma laboral que subvenciona o despedimento dos traballadores e traballadoras.


Concentración ante a aprobación da nova reforma laboral

Compostela. 17 Xuño, 2010 - 13:57

concentraión en CErvantes contra a reforma laboral

 

Onte, mércores 16 de Xuño, o governo do PSOE aprobaba por decreto unha nova reforma laboral, a mais abertamente neoliberal das seis que se levan aprobado desde a imposición da monarquia democrática. En resposta inmediata a CNT de Compostela realizamos unha concentración na Praza de Cervantes para protestar por este novo ataque aos direitos dos traballadores e as traballadoras e para informá-los do contido da reforma socialista.


Concentración en Milladoiro: nen recortes nen reforma laboral

Compostela. 16 Xuño, 2010 - 15:18

A tarde do Xoves 15 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela proseguian coa campaña contra os recortes sociais e a nova reforma laboral que nos tirou enriba o PSOE.


Para a crise... orellas de burro

Compostela. 15 Xuño, 2010 - 00:47

A apoloxía do actual estado de crise económica que o goberno “progresista” está a desenvolver contribúe a reafirmar unha idea ben clara de todo este proceso: a crise ten beneficiarios e culpables. A socialización da culpabilidade da situación económica compón o centro do discurso oficial, sen deixar ben claro quen foron os que motivaron ou propiciaron esta crise pero si outorgando a primeira responsabilidade aos traballadores do sector público e a poboación dependente dos servizos de cobertura social (pensionistas, nais, parados, etc).


A FAU gaña o pulso ao estado alemán.

Compostela. 13 Xuño, 2010 - 12:17

FAUO pasado 10 de Xuño, polo Tribunal de Cámara de Berlín dictou-se a sentenza à revisión que a FAU Berlín tiña solicitado, ao lle ter sido proibido denominar-se e actuar como sindicato. O veredito foi favorábel e levantou-se a proibición à FAU de actuar como sindicato.


O sistema sindical tamén é o problema

Compostela. 11 Xuño, 2010 - 23:17

Despois do lamentábel pero inevitábel ridículo vivido na xornada do 8 de Xuño, fai-se necesária una reflexión en torno a esta xornada, à reforma laboral que será aprobada a semana que ven, a situación que enfrenta a clase obreira e cal ten sido o papel dos sindicatos en todo este proceso.


A CNT de Ferrol participou nas mobilizacións pola folga do persoal da función pública

Ferrol. 11 Xuño, 2010 - 00:52

A Federación Local de Ferrol da CNT secundou a folga declarada na administración pública contra os recortes salariais do goberno do PSOE. Para facer efectiva a súa protesta pola rebaixa dos salarios das traballadoras e traballadores da administración, o sindicato participou na manifestación celebrada entre a Avenida de Esteiro e a praza de Armas, e repartiu un panfleto explicando a súa postura diante dos recortes sociais aos funcionarios e pensionistas. Diante da existencia de dúas manifestacións separadas, unha protagonizada polos sindicatos CC.OO., UGT e CSIF, e outra convocada pola CIG, a Federación Local da CNT decidiu unirse á convocatoria do sindicato nacionalista.


Buscamos a cova de Alí Babá. Percurso polos bancos de Compostela

Compostela. 10 Xuño, 2010 - 16:46

Na mañá do xoves 10 de Xuño, un grupo de militantes da CNT de Compostela saimos à rua a buscar a famosa cova de Alí Babá. Tiñan-nos dito que era un lugar no que se agochaban corecta ladróns e onde gardaban os botíns das suas pillaxes e roubos vários. A nós pareceu-nos que debia estar nalgún dos grandes bancos que se erguen fachendosos no centro da cidade, e alá fomos perguntar se Caixa Nova, Caixa Galicia, Banesto, Santader, BBVA, Barclays ou Bankinter, son a mítica cova, e de paso intentar ver se atinabamos co botín que durante tantos anos os bancos e o sistema capitalista nos leva roubado à clase traballadora, en base a xuros para financiar o expólio de recursos do mundo enteiro, impostos para rescatar bancos, comisións de todo tipo para lle mercar iates e mansións aos donos dos bancos, servizos públicos privatizados para o seu benefício...


Distribuir contido
  Confederación Nacional do Traballo