Prensa obreira

Galiza

Convénio do metal, aprendemos o que xa sabiamos

E digo ben, aprendemos o que xa sabiamos : que o ordeamento xurídico-social, no que respecta à representación colectiva dos traballadores, negociación colectiva e exercício do direito de liberdade sindical (coñecido en conxunto como Direito Sindical), tras os pactos da Moncloa perseguiu que o extinto sindicato fora suplido por outro sindicato que asumise as mesmas funcións que este tiña.

Os mortos da patronal

Nos tres primeiros meses deste ano un total de 341 traballadores morreron en accidentes laborias. Segue a sangria, e continuará se os convénios que se firman (como Vigo) avalan unha precariedade laboral do 35 ao 50%, se hai unha reforma laboral que o único que prémia e ao empresário que contrata ; continuará se moitas traballadoras e traballadores continuan a facer horas extras sen causa que as xustifique ; continuarán os mortos se deixamos que nos pisen…

A folga en Mercadota (Barcelona) cumpre media centena de días.

Solidariedade

O xuizo programado para o día de hoxe no Xulgado do Social número 0nce de Barcelona, no que se dilucidaba o despedimento de dous dos tres delegados sindicais da CNT en Marcadona, motivo polo que a plantilla mantén unhas das folgas máis longas de Barcelona, foi suspendido para que o Ministerio Público estudo as posibeis conductas delitivas cometidas pola empresa Mercadota.

Convénio do sector do Metal na província de Pontevedra ou de novo unha traición sindical.

O que nos temiamos tivo confirmación. Os sindicatos presentes na mesa de negociación do convenio provincial do metal de Pontevedra, CC.OO. UGT e CIG, chegaron a un preacordo o dia 10 de Maio co obxectivo de desconvocar a folga xeral no sector que estaba convocada para o día seguinte.

Cada reforma laboral que nos cae é pior que a anterior

1- 1980: Co presidente Adolfo Suárez, cae o “Estatudo de los Trabajadores” de xeito que se instaura o actual modelo sindical baseado na representación delegada en Comités de empresa e Xuntas de persoal. Un voto cada catro anos, unha visita cada catro anos dos representantes sindicais para pedir o voto, un exército de liberados sindicais, unha fervenza interminable de subvencións, un sistema de roubo instaurado polos sindicatos representativos vía cursos de formación, etc.

¡VIGO ESTOUPA, METAL EN LOITA!

Metal en loita

A alcaldesa de Vigo e o presidente dos empresarios da provincia de Pontevedra xa teñen o que querían: hoxe, día 8 de maio, as unidades de intervención policial traídas dende fora de Vigo cargaron brutalmente na cidade olívica contra os traballadores do metal en folga pola negociación do novo convenio. O resultado foi 16 detidos e 6 feridos, dos cales un se atopa todavía ingresado por un pelotazo de goma na cara. Tódolos medios de comunicación hoxe fixéronse eco duns feitos que dende hai moitos anos non se recollían en Vigo. As cargas foron totalmente desproporcionadas, ata contra a xente que se atopaba na rúa e cafés.

A CNT denuncia a explotación laboral dos traballadores de Mercadona traídos desde América polo Ministerio de Asuntos Exterior

Esta-se a levar a cabo, desde hai 43 días, unha folga indefinida no centro loxístico que a empresa Mercadona ten na localidade catalana de Sant Sadurní d’Anoia por varios motivos.

Reforma laboral - Xa firman

Despois de máis dun ano de ameazas parez ser que temos reforma laboral, e como nos temiamos de nefasta. Ven ser o que xa falamos : os empresários saen desta con bonificacións de entre 800 aos 1200 euros por contrato, tanto para os indifinidos iniciais como para os que pasen de temporais a fixos. E non fica todo aquí, ademais teñen unha rebaixa na cuota para o desemprego que terian que pagar os empresários e se optan pola modalidade de indefinidos a indemnización por despido pasa de 45 dias (do contrato ordinário) a 33 dias por ano.

CNT-Mercadona: Próximas manifestacions para maio

Aquestes són les properes convocatòries per a les manifestacions per Barcelona i Sant Sadurní d’Anoia:
Loita sindical
BARCELONA:
Els divendres dies 5, 12 i 19 de maig a les 18h amb el següent recorregut: Pça. Espanya, Carrer de Sants fins el Carrer Badal.

Jornadas Libertarias de Protesto da COB/AIT (1 maio)

Relato sobre os acontecimentos nas jornadas libertarias de protesto na cidade de porto alegre durante os dias 29 e 30/04 e 1º/05/2006) pelo Boicote ao Trabalho Temporário Sem Direitos e pelo Voto Nulo de Protesto.