Prensa obreira

Galiza

A reforma das pensións

O acordo sobre a reforma das pensións está no prelo e basicamente vai por aqui :

1º) Soben o periodo mínimo de cotización en 2 anos e 45 dias para receber unha pensión contributiva, é dicer agora ten que haber a cotización real de 15 anos para ter direito à pension. Isto significa que desaparece a actual consideración das pagas extraordinárias como contribución do traballador à Seguridade Social. Son 5.475 dias frente aos 4.700 actuais. Isto suporá que 3 de cada 100 traballadores terá que retrasar a sua xubilación 2,12 anos. A aplicación será en cinco anos aumentando 77 dias por cada seis meses o periodo de cotización para xerar direitos.

As mentiras da suba salarial do profesorado

Unhas cantas aclaracións:

. Os "sindicatos" non asinaron un pre-acordo senón un ACORDO.

. As asembleas a facer nos centros son só un "paripé" para que vexamos que nos teñen en conta.

. O INCREMENTO REAL É DE 45 € ao mes por ano

PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA, A SAÚDE E OS POSTOS DE TRABALLO NON PODEN AGARDAR MÁIS.... ENCE-ELNOSA FÓRA DE LOURIZÁN

Como en anos anteriores, a "Asociación Pola Defensa da Ría" de Pontevedra, vai levar adiante unha "Marcha contra CELULOSAS" coa que reivindica a necesidade de eliminar da nosa Ría o importante foco de contaminación que supón a presenza do complexo ENCE-ELNOSA, un complexo que, xunto cos problemas ambientais que xenera cos seus vertidos á Ría e coas emisións á atmosfera, impide o desenvolvemento sustentábel da bisbarra, un desenvolvemento que ten que vir dado pola explotación racional dos recursos naturais (marisqueiros, pesqueiros e forestais) e turísticos, e que incide negativamente na saúde e a calidade de vida das persoas, aspectos todos eles probados logo da condena por delito ecolóxico ditada en novembro de 2002 pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Continuan protestas contra o perigo de Reganosa

Na mañá do día 5 de xuño, o Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol celebrou unha concentración na compostelá Praza do Obradoiro ás 11'30 horas. Este colectivo fixo o sábado 3 de xuño unha concentración e máis un concerto no Cantón de Molíns, de Ferrol, para chamar a atención da cidadanía sobre os perigos que supón a instalación da planta de gas en Mugardos. Según os seus informes, en caso de accidente, o gas licuado dun so tanque como os que ten a empresa REGANOSA en Mugardos pode espallar-se e abranguir un área de máis de 4 kilómetros dentro da mesma Ría de Ferrol poñendo en perigo a vida de máis de 100.000 persoas.

A voltas cos acidentes laborais

patronal asesina
Os índices de acidentes de traballo mortais son en Galiza os maís altos do estado español xunto cos da Rioja. O que está claro que cando estamos nos primeiros postos de algo, de seguro que non é nada bon.

Concentracion contra Reganosa o dia 3 de Xuño

O vindeiro sábado dia 3 de Xuño, haberá unha concentración e concerto no Ferrol (no Cantón), a partir das 20,30 h. en contra de REGANOSA, planta de gas que queren instalar na ria de Ferrol, pondo en perigo 100.000 persoas.

CNT Pontevedra pide unha rua para Jose Couso

Jose Couso asesinado
O pasado luns día 22 de maio o Sindicato da Confederacion Nacional do Traballo de Pontevedra facía chegar á oficina do alcalde a peticion para a inauguración na cidade dunha rúa adicada á memoria de Jose Couso Permuy, reporteiro galego asasinado polas tropas estadounidenses na última guerra de Iraq.

A memória dos vencidos

Concello de València botou “por error” restos de asasinados no franquismo nunca canteira de Sagunto.

As excavadoras do concello de València, levaron-se por diante os restos de miles de homes afusilados no franquismo. Os osos foron dar a unha canteira de Sagunto. Eran restos de represaliados que enterraran nunca fosa común sobre a cal está prevista a construcción de nichos.

Na construcción: uns forran-se e outros son forrados

Compañeiros, co destallo estamos a conseguir pan para hoxe e fame para mañá. Noutras palabras, máis precariedade laboral. Ós sindicatos (CCOO, UGT e CIG) cada día se lles ve máis o plumeiro, xa que este ano os que traballamos por un salario teremos que amañarnos co mesmo, ou menos, que o do ano pasado (UNHA SUBA DUN 2% É UNHA BAIXADA, PORQUE OS PREZOS SUBIRON MOITO MÁIS QUE O DOBRE).

Nengún ser humano é ilegal.

Inmigrantes en loita Fala-se de que hai máis de 200 millóns de persoas fora do seu país de nacimento, ou sexa dobran-se as cifras de hai 50 anos. Nestas cifras non entra a chamada migración interior dentro dos estados.