Jornadas Libertárias

8M: folga xeral feminista

Galiza

RTVE, o proceso

A radio e a televisión de titularidade estatal ven sufrindo desde fai un tempo una gran remodelación, mentres no 2006 só se levaron a cabo negociacións, co comezo do 2007 empezamos a sufrilas.

Os cambios empezaron polo nome da empresa (e todo o que iso dá lugar), antes tiñamos o ente RTVE e as sociedades anónimas TVE e RNE, estas 2 ultimas a pesar de manter as siglas pasan a ser sociedades mercantís estatais (SME) e crease a “Corporación RTVE” que substituirá co tempo o “ente en extinción RTVE”.

Concentracións pola readmisión da despedida en Pizza Móvil

http://www.cntgaliza.org/files/P1000019.JPG
Continuando coa campaña que a CNT estamos desenvolvendo para exixir a readmisión da nosa compañeira despedida en Pizza Móvil, onte mércores concentrabamo-nos novamente na porta dos establecementos que esta empresa ten na Rua de Orfas e na Praza de Vigo.

Celebración de San Precario

Hoxe 30 de marzo de 2007 a Sección Sindical do Siega (Informática da Consellería de Educación) festexa o día de San P

Xornada de folga no Sergas

Dende a CNT de Santiago solidarizamonos co persoal do Sergas de toda Galicia que se manifestaba hoxe en Compostela, como complemento á xornada de folga, para reclamar unha carreira profesional digna.

Nova acción en Barcelona pola readmisión da despedida en Pizza Móvil en Compostela

http://www.cntgaliza.org/files/pizzabcn.jpg
O venres 23 de marzo volveron concentrar-se unha dúcia de compañeir@s de CNT-Barcelona ante un local de Pizza-Móvil, esta vez na rua calle Galileo de Las Corts.

VITÓRIA NA CAFETERÍA "RECA II"

O luns 12 de Marzo, a empresa aviña-se a recoñecer monetariamente que o traballador Yago Pino, afiliado a este sindicato, fora contratado en fraude de lei.

Yago estaba contratado por meio dun contrato a tempo parcial de 6 meses desde o mes de Setembro. A realidade era outra moi distinta: a sua relación laboral comezó no mes de Xullo, e até Setembro non estivo de alta na T.G.S.S.; o seu horário laboral era como mínimo de 10 horas, chegando a traballar 12 e 13 horas seguidas, incluidos festivos.

Feliz... feliz en tu día...

Hoxe 19 de marzo a Sección Sindical da CNT do Siega (Informática da Consellería de Educación) quere adicar a súa folla informativa á empresa IECISA (Informática del Corte Inglés S.A.) con motivo da

Solidariedade en Barcelona coa despedida en Pizza Móvil

http://www.cntgaliza.org/files/pizza barna.jpg

O venres 18 de marzo concentraron-se unha dúcia de compañeir@s de CNT-Barcelona, no Pizza Movil de c/Sardenya con Travessera de Gràcia. No piquete despregou-se unha faixa enfrente do establecemento, e repartiron-se centos de panfletos alusivos ao despido da delegada de CNT en Compostela, e pedindo o boicot á cadea en solidariedade coa situación de indefensión na que deixaron á traballadora. Buzoneou-se o bairro, arredor da pizzaria, así como os coches aparcados nos arredores. Entre as escenas destacabeis da xornada, a de várias veciñas que decidiron non comprar no establecemento dando meia volta amosando así o rechazo a Pizza Movil por non respeitar os direitos d@s suas traballador@s. Prévio ao piquete, entrou unha delegación de CNT a informar á plantilla do conflicto que mantemos coa cadea; pedindo por unha parte desculpas anticipadas polo malestar que lles puideramos ocasionar, e por outro lado ofrecendo o apoio do sindicato aos posibeis problemas que puideran ter. Desde CNT seguiremos difundindo a campaña de boicot a Pizza Movil en todo o Estado, e que xa está tendo unha boa acollida pol@s veciñ@s e traballador@s. Mentres esta empresa siga pisoteando os direitos d@s suas traballador@s, e -sobretodo- até que non readmitan inmediatamente á delegada sindical de CNT en Compostela, a anarcosindical seguirá boicotando á empresa.

Proceso de Boloña ?, non grazas

Pontevedra. Tue, 2007-03-13 18:48.

Nos últimos tempos, nas faculdades escoilta-se falar moito do plano de Boloña ou do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES).

Este novo plano para a educación pretende homologar as titulacións a nível europeo, aumentar o número de clases práticas e adecuar as ensinanzas ao mercado laboral, entre outras cousas. Pero non todo é tan bonito como o pintan nas faculdades. Mediante este plano pretende-se renovar todo o sistema de ensino universitáario, empiorando-o aínda máis do que xa está.

Concentración cuarto aniversário da Guerra de Iraq

Plaza da Peregrina sabado dia 17 as 19:30
Convoca Coordinadora Contra a Guerra

O sabado dia 17 as 19:30 a CNT de Pontevedra apoiara a concentración convocada pola Coordinadora Contra a Guerra de Pontevedra na plaza da Peregrina da cidade.