Prensa obreira

Galiza

Panadería Vila de Cedeira, paga o que debes.

O SOV da CNT de Ferrol ven de presentar reclamación por cantidades á panadería Vila de Cedeira, pola débeda que mantén cunha compañeira cuxo contrato rematou sen ser renovado.

A devandita empresa, que esixe maratonianas xornadas de traballo cando ten que cubrir encargas de empanadas para grandes superficies, tampouco aposta pola velocidade á hora de pagar os cartos tan duramente gañados.

Estación de Servizo Coirós explota e despide.

Neste eido da loita sindical hai momentos nos que a tomadura de pelo por parte da clase empresarial (e a cómplice inactividade daqueles que deberían garantir o cumprimento da lei e, por iso, as nosas garantías laborais e dereitos) acadan niveis de ridículo tais que un dubida de se o motivo, por unha vez, en troques da habitual cobiza non será algunha forma grave de ignorancia.

Continúan as sancións en Médicos Sin Fronteras

As traballadoras e os traballadores de Médicos Sin Fronteras continúan a ser obxecto de sancións disciplinarias por non acadar os resultados esixidos pola Organización. Estas sancións derivan da aplicación cláusula sétima do anexo dos contratos, no que se estipula que de non acadar 6 socios á semana o traballador/a recibirá unha sanción, reservándose a Organización o dereito a un despedimento disciplinario da traballadora ou traballador no caso de ser amonestada/o varias veces.

CNT, as eleccións e a abstención activa

As eleccións deste 20 de decembro representan un momento importante no proceso de mobilizacións que se iniciou en 2011. Por iso chegou a hora de que a esquerda en xeral adopte unha sa dose de realismo. Hai que pór os pés na terra e recoñecer que non existe unha vía fácil nin rápida á transformación social que moitos buscamos. A evidencia histórica é abafadora neste sentido: despois de século e medio de experimentos e propostas de todo cuño, ningún dos moitos partidos que se presentaron ás eleccións con propostas de cambio social (e mira que son!) logrou os seus obxectivos a través das institucións. Nin sequera cando alcanzaron o poder, conseguiron por si sós (isto é, sen unha forte mobilización que lles apoie na rúa) realizar ningunha das modificacións que se propuñan de partida. Efectivamente, a historia demostra que a vía institucional, a participación en eleccións e a ostentación de cargos, non son en absoluto formas de consolidar a capacidade política conseguida mediante a mobilización e a participación, senón ao contrario, a mellor maneira de dilapidala. Exemplos hai moitos, desde o propio PSOE, que leva desde 1879 causando vergoña allea, até o máis recente exemplo de Syriza en Grecia. Gañar unhas eleccións non é fácil, de seu, pero mesmo cando se consegue, o camiño ás transformacións que se propoñen segue sen estar despexado.

UNHA VEZ MÁIS, EN DEFENSA DO NAVAL.

O SOV da CNT de Ferrol participou na manifestación convocada polos comités de empresa de Navantia Ferrol e Navantia Fene para solicitar carga de traballo para os estaleiros.

STOP AOS ABUSOS DE PIZZA MÓVIL.

Hoxe, domingo 13 de decembro, o SOV da CNT de Ferrol fixo unha concentración diante do local de Pizza Móvil da Avenida das Pías (Santa Comba, 15), en solidariedade cos compa&nt

Os GES interpoñen conflito colectivo no Concello da Guarda

Logo GESA sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello da Guarda ven de interpoñer conflito colectivo contra o Concello no que se reclama o recoñecemento como persoal laboral fixo nos seus contratos.
Os GES constituíronse en 2013 tras superar o persoal un proceso de concurso-oposición e están vinculados desde entón ao Concello da Guarda como persoal laboral.

Concentración en Ourense contra a represión en SERVICARNE

servicarneNo día de hoxe, 2 de decembro, a CNT concentrouse en Ourense en apoio aos compañeiros da empresa SERVICARNE reprimidos por facer sindicalismo en Valencia e trasladados a Ourense como medida de presión por parte da empresa.

As concentracións tiveron lugar durante a mañá; primeiro na estación de ferrocarril e, un pouco máis tarde, diante da planta de COREN.

 

Os GES mobilízanse ante o pleno municipal de A Guarda

Protesta dos GES ante o pleno municipal do Concello da GuardaA Sección de CNT no Grupo de Emerxencias Supramuncipal (GES) do Concello da Guarda protestou na tarde deste venres 27 de novembro ás portas do Concello da Guarda coincidindo coa convocatoria do pleno municipal. A concentración baixo o lema "GES SOLUCIÓN!" desenvolveuse sen incidentes e permitiu visibilizar as revindicacións destos traballadores/as ante a veciñanza e os/as responsables políticos do Concello da Guarda.

A Sección da CNT reclama que o Concello cumpra coas súas obrigas no que refire a dereitos laborais dos traballadores e traballadoras do GES: cumprir a Lei, estatutos e convenios dos traballadores/as ou mocións aprobadas polo Concello, facilitar os EPIs para realizar o seu labor de intervención en emerxencias (comunicación, luvas anticorte, arneses de seguridade, máscaras, etc), axeitar a súa actual categoría laboral á que realmente se merecen e na que teñen que estar encadrados os traballadores/as, dotar de material e instalacións axeitadas para o seu día a día e, entre outras moitas cousas, non telos na precaria situación actual.

INESFOR acumula máis demandas por impago

piquete em INESFORA empresa INESFOR, coa que a CNT mantén conflito desde hai uns meses, vén de recibir máis unha demanda por impago de cantidades. O compañeiro do sindicato, ao igual que outros anteriormente, reclamou rescindir o seu contrato para así poder recibir o que lle era adebedado. Aínda segue esperando recibir ese salario por varios meses de traballo.

A maiores a súa situación vese agravada polo feito de que realizaba funcións que non se correpondían co tipo de contratación que tiña; realizando, por exemplo, labores de administración informática e tutorización online; e polas que debería ter cobrado cantidades bastante superiores ás que en principio debería ter recibido.

Leonardo Amboage, INESFOR, paga o que debes.