Prensa obreira

Galiza

INESFOR é condenada por despedir trabalhadores

Logo INESFOR

  • A empresa INESFOR condenada por vulneración de direitos fundamentais
  • O empresário Leonardo Amboage deverá indemnizar e pagar as dívidas à trabalhadora e trabalhador despedidos

A empresa de formação laboral e profissional INESFOR, com sede em Bertamirães, vem de ser condenada por ter despedido uma trabalhadora e um trabalhador trás demandar a empresa.
Segundo informa a CNT o empresário Leonardo Amboage, que devia à trabalhadora e a outro trabalhador vários meses de salário, «terá que assumir o pagamento de aproximadamente 30000 euros por vulneração de direitos fundamentais e polas dívidas acumuladas».
A trabalhadora e trabalhador que reclamaron a extinção do contrato por incumprimento por parte do empresário, ao estar a trabalhar sem receber salário durante vários meses, foron despedidos como consequência dessa denúncia.

A CNT solicita a ampliación das medidas de conciliación na Xunta

A sección sindical de CNT na Xunta de Galicia a ven de reclamar novamente unha xa vella revindicación dos traballadores e traballadoras desta Administración en materia de conciliación.

Así, se reclama a Función Pública como parte das medidas de flexibilización horaria dispoñibles a posibilidade de traballar os venres pola tarde a partir das 15.30 h. tendo o correspondente reflexo no sistema de fichaxe Kronos. Non ten moito sentido que, estando a maioría dos centros abertos os venres pola tarde e co oportuno servizo de seguridade, non se nos permita conciliar traballo con vida persoal, como indican xa moitas sentenzas en materia de conciliación familiar.

A CNT solidarízase coa folga indefinida en Servicarne no Porriño

  • En apoio cos compañeiros e compañeiras de Servicarne no Porriño.
  • Os traballadores e traballadoras de Servicarne no Porriño veñen de iniciar unha folga indefinida promovida pola CIG para melloraren as súas condicións laborais.

greve em servicarne porrinho

Mais dos 80% dos traballadores e traballadoras secundaron a folga que foi adoptada como medida perante a imposibilidade de diálogo por parte da dirección de Servicarne.

Como ven denunciando a CNT nos últimos meses, as condicións laborais en que se encontran os traballadores e traballadoras da subcontrata Servicarne son de importantes niveis de explotación.

Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

  • Captadora de socios demanda a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais
  • Denuncia discriminación e fraude de lei na contratación
  • A empresa discrimina traballadora por razón de nacionalidade
  • Este tipo de condutas discriminatorias poderían implicar multas de até 187.515 euros.

MSF discrimina

Unha traballadora filiada ao sindicato CNT veñen de demandar a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais.

A captadora de socios da ONG foi vítima da discriminación por parte da empresa por razóns de nacionalidade ao non facilitar a conversión do seu contrato temporal (en fraude) a indefinido.

Segundo fontes do sindicato CNT «a traballadora leva prestando servizos como captadora de socios en Médicos Sin Fronteras desde hai dous anos e foi inicialmente contratada de forma temporal en fraude de lei, visto que os seus servizos obedecen a necesidades constantes da empresa».

Concentración hoxe ás 20:00 h en solidariedade cos refuxiados .

Hoxe, mércores 16, ás 20:00 horas diante do edificio de usos múltiples da Xunta da praza Camilo José Cela, o sindicato de oficios varios de Ferrol participará na concentración en contra do acordo entre a UE e Turquía para a devolución de refuxiados. Convocamos a toda a cidadanía a que asista con nós nesta convocatoria.

Non á blindaxe de Europa, si a solidariedade da clase traballadora.

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol expresa a súa repulsa ao acordo entre a UE e Turquía para a expulsión dos demandantes de asilo chegados a territorio da UE e o seu total rexeitamento á política mantida polo Estado español e a Unión Europea coas persoas inmigrantes, tanto por motivos económicos como de seguridade.

Levamos anos presenciando como os desprazados polos desequilibrios inherentes ao sistema capitalista e as vítimas das nosas exportacións de armas e os experimentos de exportación de lendarias transicións de sistemas políticos morren no intento de alcanzar o territorio europeo. Escoitamos, atónitos, como o fogo de pelotas de goma e botes de fume na praia do Tarajal era a simbólica representación -a título simplemente de referencia- dos sagrados límites diso que chaman patria. O resultado, o habitual, dor e morte.

Solidariedade con FJMR. Acude á concentración no xulgado, o vindeiro luns.

O SOV da CNT de Ferrol quere expresar o seu apoio a FJMR, militante da CIG e coñecido activista social da cidade, que será xulgado o vindeiro luns 14 por feitos acontecidos durante a folga xeral do 29 de marzo de 2012.

Os GES denuncian o estado da base de emerxencias do Concello da Guarda

estado base GES A GuardaA Sección de sindical de CNT no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) do Concello de A Guarda ven de presentar un amplo informe sobre o estado lamentable no que se atopa a base de traballo do grupo de emerxencias no que os integrantes do GES “viven” permanentemente en quendas de 24h ao dia.

Os GES da Guarda desenvolven o seu traballo na que pretendía ser a estación de autobuses do Concello. O acondicionamento para este cambio no uso foi case nulo por parte dos responsables de governo sendo na medida do posible paliado polos propios traballadores e traballadoras que aportan solucións propias ante a falta de recursos que destina o Concello.

As queixas dos traballadores/as dos GES sobre a base son múltiples, entre as detalladas no informe: a falta de aillamento da humidade, os malos cheiros derivados da deficiente instalación de fontanería, a insuficiencia de espazos e medios para a descontaminación dos equipos logo das intervencións, a fallas na conexión de internet a través do que se conectan á centralita de emerxencias, ou o uso “variado” das instalacións que se ven facendo por parte de distintos colectivos que impiden o normal funcionamento das actividade propias dos GES.

Iniciativa para a mellora das condicións en Servicarne

  • O documento pretende a mellora das condicións laborais
  • Cinco propostas serán presentadas na próxima asemblea xeral
  • Inclúe melloras na participación asemblear

Servicarne

As traballadoras e traballadores de Servicarne propoñen unha serie de medidas para a mellora das condicións laborais en Servicarne-Coren.

Cinco propostas foron presentadas no pasado martes, 8 de marzo, nunha concentración ás portas da planta de Servicarne-Coren en Ourense xunto a unha recolla de sinaturas para apoiar esta iniciativa.

Estas propostas, que serán presentadas na próxima asemblea xeral da cooperativa, van dirixidas a todas e redundarán no beneficio de todas por igual.

O obxectivo é mellorar substancialmente as condicións laborais como traballadoras e traballadores e os dereitos como socios e socias cooperativistas.

Xogo sucio na “Mesa de Oro”.

Continúa o conflito do SOV de Ferrol coa empresa “La Mesa de Oro”. Tras chegar verbalmente a un acordo satisfactorio para a traballadora, no que a empresa se comprometía a pagar unha cantidade acordada o pasado día 1, tal pago non chegou a realizarse.

Mercadona acosa de novo en Ferrolterra.

O SOV da CNT de Ferrol emprende conflito laboral contra Mercadona que, unha vez máis, incumpre as cláusulas do seu propio convenio e as bases de lexislación laboral.

mercadona acosa