Prensa obreira

Ferrol

Cafeteria Warhol paga o que debes!!

A cafeteria Warhol esta na rua Dolores nº 54 de Ferrol, o seu dono chamase Massimiliano Mariella, e segun comenta na prensa local gustanlle moito o caldo galego e os callos, pero o que xa non lle gusta tanto e pagar a xente que traballa nos seus negocios. Debe ser que para ter un coche estupendo e unha moto de gran cilindrada de algun lugar ten que sacar os cartiños, asi que debeu de pensar que para vivir estupendamente nada mellor que contratar e non pagar, asi o fixo no restaurante rigoletto no que algun traballador ainda anda agardando a que lle page os seis mil e pico euros que lle adebeda, e asi o esta tentando facer con unha compañeira da C.N.T. que traballaba no "Warhol cafe" antes de que a despedise alegando "causas obxetivas" aproveitando a ultima reforma laboral do PP. Entre nominas atrasadas e finiquitos, a cantidade que lle adebeda a nosa compañeira esta nos 8.400 euros. O que non sabia o nachiño, e que na galiza aparte de caldo e de callos tamen hai organizacions obreiras con dignidade, e que casualmente unha das suas traballadoras forma parte da C.N.T. e neste sindicato non tragamos con que nos rouben e menos alegremente.

Non hai nadal para o anarcosindicalismo ferrolan.

Nestas ultimas semans, datas de falsa e hipocrita felicidade, ademais do incomprensible discurso do Borbon, tanto polo que di, como polo xeito en que o di, a realidade da clase traballadora dista moito de ser un remanso de paz. Non hai un só dia en que non teñamos pelexar por que non nos arrinquen os poucos dereitos que aínda temos despois dos ultimos anos de alternancia no goberno, tanto polo PP, como polo PSOE. Na comarca de Ferrol cambiamos os villancicos por consígnas, o gorro de papanuel polas parcartas, e as zanbombas polas bandeiras vermellas e negras, e é que non nos queda mais remedio que o da confrontacion, con quen para facerse aínda mais ricos pretenden destruír as nosas vidas.

A C.N.T. de Ferrol apoia a ocupacion do Ateneo polos seus traballadores.

Dende o SOV CNT – FERROL apoiamos a inciativa da Xunta Directiva do Ateneo Ferrolán que, a través dos seus traballador@s e ante a negativa do PP do Concello de Ferrol a facilitarlles as chaves da súa sede que ocupan dende hai 30 anos, optaron por entrar no edificio coa chave que sempre tiveron e que por dereito utilizaron.

Comunicado de prensa en apoio @s empregad@s do Ateneo Ferrolan

Dende o Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol queremos facer públicas as diversas irregularidades que esta a cometer o Concello de Ferrol contra o Ateneo Ferrolán e os seus traballadores e traballadoras. Tras dous anos de obras de rehabilitación, o edificio histórico cedido á entidade xa se atopa en plenas condicións de funcionamento, pola cal entendemos que non existen motivos para demorar máis aló a reincorporación dos traballadores e traballadoras aos seus postos.

Valoración da folga polo sindicato da C.N.T. en Ferrol

O S.O.V. da C.N.T. de Ferrol valora favorablemente a participación cidadá na convocatoria de folga xeral do pasado 14 N, tanto no paro, que pode considerarse total na nosa bisbarra, como na multitudinaria manifestación que non foi quen de recorre-lo centro na metade desa xornada de loita obreira.

Manifestación en Compostela o 10 de Novembro

xornadas micoloxicas CNT

Continuando coa campaña contra os recortes, a Rexional da Galiza da CNT convoca unha manifestación en Compostela para o sábado 10  de Novembro


Saida: as 12:00 horas desde a Praza Roxa.


Mitin final: as 13:30 horas na Praza de Cervantes.

 

Ë hora de loitar!, a por todas!

A C.N.T. de Ferrol amplia os horarios da asesoria laboral gratuita.

O sindicato da C.N.T en ferrol, ven de ampliar os horarios da asesoria laboral gratuita.

Ante esta nova vaga de despedimentos, regulacions de emprego, represion e agresions contra a clase traballadora, a C.N.T. pon a disposicion dos traballadores e traballadoras desta comarca, unha ferramenta de defensa dos seus dereitos e condicions laborais.