Prensa obreira

Ferrol

Crónica Folga Xeral en Ferrol e Bisbarra o 12 de xuño de 2013

A CNT valoramos positivamente a Folga Xeral desenvolvida polas traballadoras e traballadores das bisbarras de Ferrol, Eume e Ortegal demostrando que estamos xa fartos de enganos e mentiras as que sométenos os diferentes gobernos capitalistas.

Ver video

Folga Comarcal

O Sindicato de Oficios Varios da CNT en Ferrol facemos un chamamento á bisbarra a sumarse á Folga Comarcal deste mércores día 12 de xuño.

APOIO A FOLGA XERAL DO PAÍS VASCO E NAVARRA

30/05/2013 20:00

Comunicado do SOV CNT Ferrol ante a folga xeral convocada en Euskadi
APOIO A FOLGA XERAL DO PAÍS VASCO E NAVARRA

30 de maio de 2013

12X: Folga xeral en Ferrol, Eume e Ortegal

12X folga xeral ferrol, eume e ortegal

Na mañá de onte, 27 de Maio, membros de C.N.T, C.I.G., CC.OO., U.G.T., e U.S.T.G, entregaron no rexistro das oficinas da Xunta a convocatoria de folga xeral nas comarcas de Ferrol, Eume, e Ortegal. A data escolleita para este dia de loita obreira foi o 12 de xuño e afectara a todos os sectores productivos das tres comarcas.

CHARLA - DEBATE do SOV CNT FERROL

19/05/2013 18:00

CHARLA – DEBATE

O próximo domingo 19 de Maio de 2013, as 18:00h. terá lugar unha
charla - debate a cargo de José Luis Velasco Sanz , Economista e

Constituída Sección Sindical da CNT no Ateneo Ferrolán

 

As traballadoras do Ateneo Ferrolán, afiliadas a SOV CNT de Ferrol, decidimos constituír a Sección Sindical o pasado 10 de xaneiro de 2013 (data que comunicáselle á entidade) á vista dos últimos acontecementos que o Concello de Ferrol impón ao Ateneo, e que varían de forma substancial ás nosas condicións laborais.

Xuízo contra 18 persoas por participar nun piquete da CNT Ferrol

Con respecto ao conflito sindical que mantemos co dono da Cafetería Warhol polo despido improcedente e a débeda contraída cunha compañeira, o SOV da CNT de Ferrol comunica que  o pasado 6 de marzo -data de celebración do xuízo- dito empresario, Massimiliano Mariella, quedou emprazado por conciliación pre-xudicial a pagar a cantidade de 11.000 €.

Vivir en e contra a crise: compartindo experiencias en Alemaña

Fau cNT

Dous militantes dos sindicatos de Compostela e de Ferrol vimos de disfrutar dunha formidable experiencia por terras xermánicas. Alí tivemos a oportunidade de compartir ideas e vivencias con  militantes do anarquismo e doutros movementos de esquerda, moi especialmente con compas da FAU.

Esta viaxe iniciouse a proposta dun compañeiro da FAU en Kiel, quen nos invitou a participar dunha serie de palestras e mesas-debate a realizar neste pasado mes de marzo en distintas localidades do norte alemán e en colaboración con outros colectivos galegos e alemáns. Pola banda galega, participamos destas charlas dende CNT xunto cunha militante de EU, Graciela Rojo, e unha traballadora social activista da loita feminista, Berta Vega.

Basta xa dos imcumprimentos de Celta prix!

Ante os ultimos imcumprimentos tanto do convenio laboral, como do pliego de condicions que a empresa Celta prix ten co concello de cedeira, desde a seccion sindical da C.N.T na mesma empresa queremos manifestar o seguinte:

Nada se pode esperar dunha empresa que non soubo gestionar a gran de cantidade de contratos que ten nin en galiza nin en andalucia. Froito da sua inoperancia para administrar o labor para a que foron contratados desde distintas intuticiones publicas, agora atópanse nunha situacion, na que paradoxicamente quen mais estan a sufrir esta situacion son os unicos que fixeron ben o seu traballo; os traballadores. Atrasos nos pagos do salario, no pago dos trienios, e ultimamente o imcumplimiento de entregar a roupa de faena, asi é o trato desta empresa cos seus traballadores.