Prensa obreira

Ferrol

Novas concentracións en Pizza Móvil.

Continúan as concentracións en solidariedade cos dous despedidos en Pizza Móvil Gijón.

Concentración Narón

Equilibra salud: os abusos patronais non dan tregua polo Nadal.

Esta ía ser una nota informativa para comunicarvos e celebrar a constitución da sección sindical de CNT na empresa “Equilibra Salud” S.L. Que a clase traballadora se organice para defender o seu é sempre unha boa nova, ademais de ser o que motiva a nosa existencia como sindicato, pero -como nos chistes- temos que dar unha noticia boa e unha mala.

Panadería Vila de Cedeira, paga o que debes.

O SOV da CNT de Ferrol ven de presentar reclamación por cantidades á panadería Vila de Cedeira, pola débeda que mantén cunha compañeira cuxo contrato rematou sen ser renovado.

A devandita empresa, que esixe maratonianas xornadas de traballo cando ten que cubrir encargas de empanadas para grandes superficies, tampouco aposta pola velocidade á hora de pagar os cartos tan duramente gañados.

Estación de Servizo Coirós explota e despide.

Neste eido da loita sindical hai momentos nos que a tomadura de pelo por parte da clase empresarial (e a cómplice inactividade daqueles que deberían garantir o cumprimento da lei e, por iso, as nosas garantías laborais e dereitos) acadan niveis de ridículo tais que un dubida de se o motivo, por unha vez, en troques da habitual cobiza non será algunha forma grave de ignorancia.

UNHA VEZ MÁIS, EN DEFENSA DO NAVAL.

O SOV da CNT de Ferrol participou na manifestación convocada polos comités de empresa de Navantia Ferrol e Navantia Fene para solicitar carga de traballo para os estaleiros.

STOP AOS ABUSOS DE PIZZA MÓVIL.

Hoxe, domingo 13 de decembro, o SOV da CNT de Ferrol fixo unha concentración diante do local de Pizza Móvil da Avenida das Pías (Santa Comba, 15), en solidariedade cos compa&nt

MOLDUGASA segue incumplindo as súas obligacións.

O SOV da CNT de Ferrol quere denunciar o comportamento da empresa MOLDUGASA, coa que mantén conflito aberto dende xullo do pasado ano, cando un compañeiro foi despedido sen que se cumplira o preceptivo prazo de comunicación, sen aboárselle a indemnización e adebedándolle cantidades en concepto de salarios atrasados.

Celebrados os xuízos por despido improcedente e por cantidades, e resoltos con sentenzas favor do noso compañeiro, a empresa négase a acatar a obriga de readmitilo (ao ser declarado nulo o despido) e a aboar as cantidades que lle adebeda, aducindo estar en quebra.

faixa concentración xulgado

COMUNICADO DA SECCION SINDICAL DA CNT EN EMAFESA SOBRE A POTABILIDADE DA AUGA

Dende que ao longo da mañá do 16 de xullo do 2015 se comezase a comunicar por parte dos cinco concellos afectados que a auga non era apta para o consumo humano, as formas en que se fi

Finalizado o conflito coa empresa Gesporten.

O pasado 22 de xullo chegouse a un acordo entre a empresa de servizos funerarios Gesporten Ferrol SL e un compañeiro do SOV da CNT de Ferrol.

Acordo satisfactorio no conflito coa cafetería Tepuy.

O pasado 15 de xullo tiña lugar o xuízo polas cantidades que lle adebedaba a cafetería Tepuy de Ares a unha compañeira do SOV da CNT de Ferrol.