Prensa obreira

Ferrol

Comunicado do SOV da CNT de Ferrol ante a morte dun traballador do naval.

20/05/2016 12:55

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol quere expresar as súas condolencias coa familia e compañeiros de Gerardo Huergo de Lera, falecido onte nun accidente laboral en Navantia Fene, cando traballaba na reparación do gaseiro “Florida Voyager” contratado pola empresa auxiliar Montajes Nervión.

funda

Primeiro de maio do SOV de Ferrol

O pasado domingo, pese a ser o día da Nai, domingo e estar soleado, o SOV de Ferrol conmemorou a loita obreira polas 8 horas de traballo, a detención, condena e execución dos mártires de Chicago e a existencia, o orgullo e a dignidade da clase traballadora.

 Mani 1º maio

As estatuas de Ferrol solidarízanse cos titiriteiros.

Onte, coincidindo co segundo día internacional en solidariedade cos titiriteiros detidos o 5 de febreiro durante a representación da obra de monicreques “La bruja y don Cristóbal”, integrantes do SOV da CNT de Ferrol saíron a expresar a súa solidariedade cos artistas, a esixir a retirada total dos cargos dos que os acusan e a informar á cidadanía deste escandaloso atentado contra a liberdade de expresión.

Concentración hoxe ás 20:00 h en solidariedade cos refuxiados .

Hoxe, mércores 16, ás 20:00 horas diante do edificio de usos múltiples da Xunta da praza Camilo José Cela, o sindicato de oficios varios de Ferrol participará na concentración en contra do acordo entre a UE e Turquía para a devolución de refuxiados. Convocamos a toda a cidadanía a que asista con nós nesta convocatoria.

Non á blindaxe de Europa, si a solidariedade da clase traballadora.

O Sindicato de Oficios Varios da CNT de Ferrol expresa a súa repulsa ao acordo entre a UE e Turquía para a expulsión dos demandantes de asilo chegados a territorio da UE e o seu total rexeitamento á política mantida polo Estado español e a Unión Europea coas persoas inmigrantes, tanto por motivos económicos como de seguridade.

Levamos anos presenciando como os desprazados polos desequilibrios inherentes ao sistema capitalista e as vítimas das nosas exportacións de armas e os experimentos de exportación de lendarias transicións de sistemas políticos morren no intento de alcanzar o territorio europeo. Escoitamos, atónitos, como o fogo de pelotas de goma e botes de fume na praia do Tarajal era a simbólica representación -a título simplemente de referencia- dos sagrados límites diso que chaman patria. O resultado, o habitual, dor e morte.

Solidariedade con FJMR. Acude á concentración no xulgado, o vindeiro luns.

O SOV da CNT de Ferrol quere expresar o seu apoio a FJMR, militante da CIG e coñecido activista social da cidade, que será xulgado o vindeiro luns 14 por feitos acontecidos durante a folga xeral do 29 de marzo de 2012.

Xogo sucio na “Mesa de Oro”.

Continúa o conflito do SOV de Ferrol coa empresa “La Mesa de Oro”. Tras chegar verbalmente a un acordo satisfactorio para a traballadora, no que a empresa se comprometía a pagar unha cantidade acordada o pasado día 1, tal pago non chegou a realizarse.

Mercadona acosa de novo en Ferrolterra.

O SOV da CNT de Ferrol emprende conflito laboral contra Mercadona que, unha vez máis, incumpre as cláusulas do seu propio convenio e as bases de lexislación laboral.

mercadona acosa

Concentración en Ferrol pola retirada dos cargos aos titiriteiros

O sábado 13 de febreiro celebrouse na praza de Armas de Ferrol unha concentración pola retirada dos cargos aos titiriteiros acusados de enaltecemento do terrorismo.

De ouro para uns, baleiras outras.

O SOV de Ferrol inicia conflito coa empresa “La Mesa de Oro”, que publicita por internet menús de restaurantes galegos.

Estación de Servizo Coirós: Low cost igual a fraude e explotación.

O pasado venres 29 de xaneiro, integrantes do sindicato de oficios varios da CNT de Ferrol concentrámonos á entrada da E.S. Coirós para denunciar os abusos alí cometidos contra unha compañeira, despedida por pretender cumprir o horario de traballo polo que estaba contratada.

ES Coirós