cnt cnt

Ferrol

Charla sobre a reforma laboral en Ferrol

Ferrol. 27 Xullo, 2010 - 19:46
29/07/2010 20:30

A Federación Local da CNT de Ferrol inicia a súa campaña de mobilizacións cara á folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais.


Proxectos S.L. O discreto encanto da burguesia galega

Ferrol. 23 Xullo, 2010 - 13:21

Dende o sindicato de Ferrol queremos sacar á luz o caso da empresa Proxectos, un sector o das teleoperadoras que aínda garda reductos non deslocalizados (que palabro) no país, pois certos ámbitos como pode ser a administración non lles vai bonito un acento sudaca, co alto que sae o convenio por este lado do charco...


Video das protestas contra a reforma laboral

Galiza. 30 Xuño, 2010 - 09:05


Chamamento urxente á xente que traballa

Ferrol. 17 Xuño, 2010 - 23:13

O goberno aprobou unha reforma laboral que subvenciona o despedimento dos traballadores e traballadoras.


A CNT de Ferrol participou nas mobilizacións pola folga do persoal da función pública

Ferrol. 11 Xuño, 2010 - 00:52

A Federación Local de Ferrol da CNT secundou a folga declarada na administración pública contra os recortes salariais do goberno do PSOE. Para facer efectiva a súa protesta pola rebaixa dos salarios das traballadoras e traballadores da administración, o sindicato participou na manifestación celebrada entre a Avenida de Esteiro e a praza de Armas, e repartiu un panfleto explicando a súa postura diante dos recortes sociais aos funcionarios e pensionistas. Diante da existencia de dúas manifestacións separadas, unha protagonizada polos sindicatos CC.OO., UGT e CSIF, e outra convocada pola CIG, a Federación Local da CNT decidiu unirse á convocatoria do sindicato nacionalista.


A Federación Local da CNT de Ferrol convoca ao persoal da administración pública á folga do día 8 de xuño

Ferrol. 8 Xuño, 2010 - 00:46
08/06/2010 00:00

Fronte á política de recortes nos salarios dos empregados públicos, a Federación Local da CNT de Ferrol convoca aos traballadores e traballadoras do sector público á folga xeral do próximo martes 8 de xuño de 2010.


A CNT na homenaxe a Ãnxel " Cariño López"

Ferrol. 29 Maio, 2010 - 17:07

O pasado sábado 22 de maio de 2010, o concello de Cariño e maila Comisión Pola Recuperación da Memoria Histórica organizaron unha homenaxe a Ánxel Rodríguez Leira, " Cariño López", e outros combatentes pola liberdade, participantes na compañía " A Nove", que liberou París dos nazis na 2ª Guerra Mundial.

A bandeira da CNT, organización na que militou o compañeiro Ánxel, non podía faltar no evento, así que vari@s compañeir@s do sindicato de Ferrol achegamonos a Cariño para acompañar a familiares e achegados neste recoñecimento público que chega, como pouco, corenta anos tarde.


Debate radiofónico entre sindicatos CC.OO, CIG, CNT, USO, USTG e UXT.

Ferrol. 4 Maio, 2010 - 20:33

O pasado xoves 29 de abril de 2010, as 20:00 h. tivo lugar en Rádio Filispim, 93.9 FM un PROGRAMA ESPECIAL: 1º de Maio.


Autobus a manifestacion de Vigo e charla en Ferrol

Ferrol. 28 Abril, 2010 - 19:01
A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na manifestación do 1º
de maio de que organizáción galega da CNT convoca de xeito unitario na

Porqué a CNT vai participar na mobilización do día 27 en Ferrol

Ferrol. 26 Marzo, 2010 - 12:49

Porqué a CNT vai participar na mobilización do día 27

A Federación Local da CNT de Ferrol vai participar na mobilización convocada pola plataforma Rumbo 21 o vindeiro sábado 27 de marzo. E vaino facer para amosar a súa indignación polos continuos atropelos que padece a clase traballadora nesta bisbarra.


Distribuir contido
  Confederación Nacional do Traballo