Prensa obreira

Coruña

Asturias: Carnero e Morala son detidos

Os sindicalistas asturianos que inspiraron a película "Los jueves al sol", Cándido González Carnero e Juan Manuel Martínez Morala, foron detidos e levados á prisión de Villabona o pasado sábado 16 de xuño.

Resplandor das atochas

O Resplandor das Atochas é un xornal de 8 páxinas editado na cidade da Coruña pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica.
Este xornal lembra a matanza e desertallamento da Federación Anarquista Iberica e da CNT herculina do verán de 1937. O Xornal moi ben editado vaen acompañado de importantes documentos graficos dos feitos, dos lugares e das familias dos anarquistas coruñeses.

Filme:Patagonia.Utopía Libertaria.

A CNT da Coruña proxecta no seu local da Rua Washington o filme "Patagonia. Utopía Libertaria" do director Xan Leira.
O Documental trata sobre a vida e a actuación política de Antonio Soto Canalejo, máis coñecido como o “galego Soto”, (Ferrol, 1897- Punta Arenas, 1963), líder das folgas rurais acontecidas na Patagonia austral arxentina nos anos 1920 e 1921. A loita obreira contra a promulgación do Primeiro Convenio Rural foi interpretada como unha provocación ao poder da oligarquía anglo-arxentina que reaccionou co envío do 10º Rexemento de Cabaleiría. A loita rematou con 1500 obreiros rurais asasinados.

Homenaxe no Portiño

Con notable asisténcia de público e moita emotividade celebrou-se no peirao do Portiño (A Coruña) a homenaxe ás vítimas do fracasado intento de fuga organizado polo sindicato da CNT "O despertar marítimo".
O final do acto
Falaron Eliseo Fernández, historiador e membro da CNT de Ferrol, quen repasou as circunstáncias e tráxicas consecuéncias deste intento de fuga, Xurxo Souto, ex-cantante dos Diplomáticos de Monte Alto, e o escritor Manuel Rivas, asi como membros da Comisión pola Recuperación da Memória Histórica, organizadora do acto. Polo medio interpretaron-se várias pezas musicais, entre as que A Las Barricadas.
Portiño1

Homenaxe ás víctimas do Portiño

Este día 3 de marzo cúmplense os setenta anos do intento de fuga polo Portiño, o feito máis dramático de todas cantas fugas por mar intentáronse no noso País. Queremos lembrar pois tal data, na que morreron moitos homes, tanto nesa mesma noite do 3 de marzo, como nos meses posteriores, consecuencia do xuizo sumarísimo á que foron sometidos ós que caeron nas mans dos represores. Os pesqueiros "Generoso" e "José Linares" ós levarían fora de Galiza, para salvalos do cerco no que estaban sendo acorralados. Abortada a fuga, resultaron 28 detidos, outros ficaron alí mortos, afogados; algúns salvaron momentanemente a vida para rematar sendo atopados, ou outros con máis sorte, lograron fuxir noutra ocasión ou voltar de novo a seus agochos. Moitos dos detidos morrerán fusilados no Campo da Rata en outubro, e outros serán condeados a cadea perpetua. Todo por tratar de fuxir; poucos eran cadros destacados de sindicatos ou partidos, os máis, simples militantes, da CNT na súa maioría, obreiros mozos que fuxían da morte ou de calquera outra das formas de represión de seus verdugos. A fuga foi artellada pola organización coruñesa do "Despertar Marítimo", que conseguiu rachar co cerco en diversas ocasións, máis non en esta. Quixeramos convidarvos a todos os mulleres e homes de ben que quixerades lembrar tal traxedia nas nosas costas.

Betanzos Libertario: Actualizacion do blog

Queda actualizado o blog do Nucleo Confederal de Betanzos,con profundos cambios no contido e maquetación.
http://www.cntbetanzos.blogspot.com.

As noticias aparecen etiquetadas por temas para facilitar a busqueda.

O empresário era bó, pero os obreiros eran parvos

Unha coñecida empresa de carpinteria que traballaba para uns grandes armacéns coruñeses despediu aos seus traballadores por fin de obra. Aos 20 traballadores afectados fixose-lles a correspondente liquidación, pero un traballador non estivo de acordo: dicia o mui iluso que lle tiñan que pagar os quince dias do preaviso, máis a indemnización por finalización do contrato, máis a diferéncia da nocturnidade en todo o tempo traballado. Os compañeiros do iluso asinaron rapidamente a sua liquidación, para non ter problemas. Total: uns 600 euros por cada prudente traballador. O iluso de antes reclamou á empresa e insistiu nos seus dereitos, pedindo só o que lle corresponde polo Convénio. Resultado da sua indemnización (sen chegar ás mans, sen bronca, civilizadamente): uns 3000 euros. Dos traballadores despedidos só un está afiliado á CNT. Adiviña quen foi o que conseguiu os seus dereitos.

Nova Secretaria da CNT-Galiza

O Sindicato da Coruña acolle desde o mes de novembro o Secretariado Permanente do Comité Rexional da Galiza. O novo Secre da CNT-Galiza é o compañeiro Martín Otero. Que lle sexa leve!

700 despidos en Jazztel

Jazztel despide mási de 700 traballadores e traballadoras da plataforma da Coruña, que se suman a case 200 máis das contratas desta empresa en Madrid.

Como está a ocorrir con outras empresas de telemárketin, Jazztel está a "deslocalizar" os seus servizos, neste caso levando os postos de traballo a Córdoba (Arxentina), onde os novos traballadores arxentinos van cobrar perto de 200 euros, unha cuarta parte do que pagan na Coruña.

MAFECO : O capitalismo non ten fronteira nen medida

En contra do que cren a maioria dos traballadores e traballadoras, o capitalismo está para repartir dividendos, non para facer obra social. Isto descubriron-no ao seu pesar as traballadoras de MAFECO, empresa téxtil da Coruña que quere mover as súas instalacións a paises con man de obra ainda máis barata que a nosa.