Prensa obreira

Coremain

Ante as nova política de contratos de Coremain: novos contratos ou reforma dos vellos?

O anuncio de Coremain de incluir un feixe de claúsulas abusivas nos novos contratos entendemos que oculta un determinado xeito de concebir, en xeral, as condicións laborais e o desexo en xeral de mudar as condicións actuais de xeito que o traballador/a estea a disposición absoluta da empresa. En suma, que se pretende agrandar o marco contractual de xeito que se desdebuxe completamente.

Convocatoria de reunión aos traballadores e traballadoras do CAU-STM (antes RDI) de Coremain

30/05/2011 20:00

Desde a Sección Sindical da CNT en Coremain convocamos unha reunión aberta de traballadores e traballadoras para valorar se é preciso un acordo de mellora como o que nos propoñen a empresa e o Comité de empresa e en que consistiría e cais serían as nosas propostas en caso de que os traballadores e as traballodoras entendamos que é necesário. A reunión terá lugar o luns dia 30 de Maio, as 20:00, no local da CNT, na Rua Garcia Prieto, 24-28, de Compostela.

Constituida Sección Sindical de CNT en Coremain

A CNT ven de constituir unha Sección Sindical na oficina central que a empresa de servizos de tecnoloxia e da comunicación, Coremain, ten no Parque Empresarial Costa Vella de Compostela.

A Sección nace coa vontade de asentar na empresa unha alternativa sindical independente e asemblearia aberta a todos os traballadores e traballadoras e de servir de vehículo de denuncia da precariedade laboral que existe tanto nesta empresa como no sector das Consultorias.