Prensa obreira

Coremain

CNT Valladolid solidarízase coa sección de CNT en Coremain

O pasado 25 de maio, CNT Valladolid concentrouse na tenda Vodafone da rúa Mantería de Valladolid en apoio contra o despedimento por parte de Coremain e Vodafone da secretaria de organización da sección de CNT en Coremain por exercer a súa lexítima acción sindical na empresa.

Concentración do 14 de maio en Coremain

Na mañá de hoxe, 14 de maio, e dentro do conflicto que CNT Compostela mantén coa alianza para o lucro empresarial Coremain-Vodafone polo acoso e despedimento da secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, compañeiras e compañeiros do sindicato concentrámonos ás portas da devandita empresa.

Concentración no CC As Cancelas, conflicto Coremain-Vodafone

Dentro do conflicto aberto con Coremain e Vodafone polo despedimento ilegal da nosa compañeira, secretaria de organización da sección sindical de CNT en Coremain, do que estamos informando por diferentes medios á poboación de Compostela, o pasado sábado 11 de maio varias compañeiras e compañeiros de CNT Compostela concentrámonos diante do local de Vodafone no centro comercial As Cancelas.

Sec. Coremain. Acción sindical nas Xornadas Emprego en tempo de crise

En solidariedade coa sección sindical de CNT en Coremain, onte, mércores 24 de abril, compañeiras e compañeiros de CNT Compostela interrompimos, no Instituto Politécnico de Compostela, a Xornada para orientadores. Formación profesional: emprego en tempo de crise, na que participaba a xerente de recursos humanos de Coremain.

Coremain e Vodafone reprimen a liberdade sindical. Despedida a Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT

O pasado xoves, despois de ter sido sancionada arbitrariamente por Coremain e Vodafone, unha sanción inxusta que se atopa en vías de solución xudicial, Vodafone e Coremain despedían á Secretaria de Organización da Sección Sindical de CNT en Coremain, un feito que non é senón un máis dunha longa lista de situacións de acoso por parte da empresa aos compañeiros e as compañeiras que se atreven a desenvolver a súa lexítima acción sindical en Coremain.

Asemblea de traballadores e traballadoras fronte ao ERE de Coremain

CNT coremain

Na tarde de onte celebrouse unha asamblea convocada polo Comité de empresa, na que se sometía á plantilla a aceptación ou non do ERE presentado pola direción. Nesta asemblea o propio Comité negou a participación dunha asesora da CNT. Nesta asamblea o Comité si tivo asesores que destacaron pola súa escasa participación e que por desgracia non resolveron as dúbidas que plantexaron @s traballador@s.

O Comité non aportou ningún dato ao respecto do ERE, só dúas cifras de supostas perdas que aduce a empresa para o que vai de ano e o que queda. O Comité chegou a afirmar na asamblea que “eles non teñen economistas”. Gustaríanos saber se CCOO e UGT non teñen economistas. E se é que os teñen, como é obvio, por qué non aportan estes a un proceso de negociación dun ERE? A resposta é doada, estando a favor do ERE non hai que contrastar nin verificar información algunha.

Non ao ERE en Coremain! Concentración do luns 13

 

CNT Compostela concentrouse o pasado luns ás portas de Coremain, no parque empresarial Costa Vella. O motivo é o ERE que vai supoñer o despedimento de 27 traballadores, 6 deles en Madrid e 21 en Compostela, ademais da disminución dos salarios e o empeoramento das condicións laborais do resto de traballadores.

Ante o ERE presentado en Coremain

Ante o Expediente de Regulación de Emprego que a direción da empresa presentou o pasado luns, que vai significar o despedimento de 27 persoas e a revisión salarial á baixa para toda a plantilla, desde a Sección Sindical de CNT queremos explicar que é un ERE e que se pode facer neste caso.

A dirección de Coremain pretende despedir 27 persoas e rebaixar o salario ao resto

Este martes recebiamos, todos os traballadores e traballadoras de Coremain, o novo plan da empresa para, supostamente, proceder a unha reorganización produtiva da empresa, o que, traducido, significa a aplicación dun ERE que vai significar o despedimento de 27 persoas e a rebaixa do salario para as que non sexan despedidas.

Ao comité de empresa de Coremain

Estimados/as compañeiros/as:

Con data de 31 de xullo de 2012 as traballadoras e traballadores de COREMAIN recibimos unha carta da dirección na que se nos informa da apertura das negociacións para a realización dun ERE extintivo parcial no que se verán afectados/as 27 traballadores/as, ademais de propoñer, entre outras cousas unha redución dos salarios.