Bar A Conga... paga o que debes!!
Suso Pais xa vai pagando
Esta semana, a CNT chegou a un acordo co dono das cafetarias Conga e Literarios. Tras varios infructuosos intentos de comunicación, finalmente e tras a primeira concentración diante do bar “A Conga”, aviu-se a falar co sindicato.
Suso Pais: Paga o que debes. Concentraci贸n na cafetaria A Conga
Esta mañá de xoves treboento, un piquete da CNT de Compostela concentraba-se nas portas da cafetaria A Conga, cafetaria na que o empresário progre Suso Pais lesiona continuamente os direitos d@s traballador@s. O dia amenceu treboento, pero para treboada a que tivo que aturar Suso Pais, dono tamén do Café Literarios, pois durante unha hora @s cenetistas informamos às boas xentes de Compostela e aos visitantes da cidade das prácticas anti-operárias deste empresário da noite compostelana, até que conseguimos que a clientela fose abandonando o estabelecemento e este ficase tan baleiro como as carteiras d@s empregad@s aos que Suso Pais non lles paga o que lles debe.
Boicot 脿s cafetarias Conga e Literarios por constantes ataques aos direitos d@s traballador@s

En poucas semanas xa son duas as persoas traballadoras que acudiron até este sindicato para reclamar contra os despidos e vulneracións aos direitos laboráis por parte do rexente do bar a Conga e do Café Literarios. Este empresário de aire progre é un exemplo perfecto da super-explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícias por riba de calquera cousa son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.
Entre as diversas vulneracións aos direitos d@s traballador@s que practica o empresário das cefetarias Literarios e Conga destacamos:









