Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

Chamullando na escuridade

Hai uns días rematou o espectáculo "A cultura circula" que patrocinaban tres consellerias: a Vicepresidéncia de Quim, a de Innovación e Indástria e a de Cultura, esa que dirixe Ánxela Bugallo.
Oficialmente está-se a falar dunha inversión de 2 millóns de euros; extra-oficialmente a cifra ascende a 2'7 millóns de euros. O número de actuacións foi escaso para tanto carto bravo.

En correos

A Lei Postal (Lei 24/98 de 13 de xullo), artigo 17 ponto 2, estabelece canto menos unha entrega no enderezo postal do destinatário/a todos os dias laborábeis canto menos CINCO DÍAS POLA SEMANA.

Pois ben, o estado español é o estado europeo que conta con menos empregados, tanto por habitante como por Km2. En prazos de entrega de correspondéncia só vai diante de Grécia.

A repressão da ditadura franquista contra o movimento libertário na Galiza

A represion non descansa
O dia 21 de Junho às 19,30 horas na Rua Garcia Prieto, 24-28 de Compostela , haverá uma charla de Eliseo Fernández, organizada pela CNT-Compostela co tema : "A repressão da ditadura franquista contra o movimento libertário na Galiza".

Concentración en Solidariedade cos folgistas de Mercadona en Cataluña.

Este Sábado dia 17 vários compañeiros e compañeiras dos sindicatos de Compostela e Pontevedra concentramo-nos nun dos supermercados que esta empresa ten en Pontevedra.

As mentiras da suba salarial do profesorado

Unhas cantas aclaracións:

. Os "sindicatos" non asinaron un pre-acordo senón un ACORDO.

. As asembleas a facer nos centros son só un "paripé" para que vexamos que nos teñen en conta.

. O INCREMENTO REAL É DE 45 € ao mes por ano

Accion contra as ETT's

No dia 18 de maio pola maña compañeiros e militantes realizaron accion contra as ett's de compostela. A evidente situacion de precariedade que provocan esta clase de empresas, a inexistencia de dereitos laborais ou de pratica sindical en elas asi como e o esperpento dos contratos (que a veces chegan a ser de apenas unhas horas) foron denunciadas durante a accion.

USC: que monada é ir votar

Saiu como xa se tiña previsto Senén Barro Ameneiro como reptor da Universidade centenária de Compostela. O índice de participación foi como sempre moi baixo no alunado chegando a ser 10,69 nos estudantes de 1º e 2º ciclo e o 6,51 nos de terceiro ciclo e posgrao, e en xeral non chegou máis que ao 16,56%.

As eleizóns na USC - E van 2

O Sr. Reptor Senén Barro non sabe que facer para animar ao persoal a que vaia votar, e non se lle ocorre cousa mellor que facer 22.000 salva-manteis en Din A-3 para repartir polas cafeterias, mesas das bibliotecas, e locais vários da Universidade de Santiago, para que non nos esquezamos de ir a meter o papeliño. O lema é : "lembra---, vota, 10 de maio e Ti contas", olvidan anotar que só contamos para iso para o demáis non interesamos ninguén do PAS ou do estudantado. Anda a tirar o diñeiro a moi empufada USC. Será que o governo bi-partido funciona, e a Universidade vai ter agora cartos a esgalla e nós sen enterar-nos da movida.

USC eleizóns. Estes son os candidatos a reptor.

O vindeiro día 10 de Maio celebraran-se eleizóns a Reptor na centenária e empufada Universidade de Santiago de Compostela (USC). Apresentan-se dous candidatos, o actual Reptor, Senén Barro e Juan Casares. O primeiro, Senén, foi o herdeiro de Darío Villanueva, aquel mocete con gañas de ser Académico da Española e que deixou un pufo enorme na USC porque, como era de letras, fixo contabilidade criativa, amén dun bonito comedor privado no Pazo de Fonseca que custou unha porrada de millóns (leron ben, millóns de pesetas) e pagou a Xerardo Estévez, exalcalde de Santiago, uns 100 millóns de pesetas por pensar onde tiña que estar ubicado o Campus da Saúde.