Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

Falece unha muller integrante dunha brigada contra incéndios nun accidente co seu todo-terreo

No sinistro resultaron feridos tres compañeiros de traballo da falecida.

Unha muller, integrante dunha brigada municipal de loita contra os incéndios, faleceu a pasada noite nun accidente de circulación que sufriu o todo-terreo no que regresaba da sua xornada laboral.

20.000 persoas saen à rua contra a vaga de lumes

http://www.cntgaliza.org/files/manifa lumes 20A.jpg
Convocadas pola Plataforma Nunca Máis, a Plataforma contra os incéndios e a CNT, entre outras organizacións, 20.000 persoas manifestaron-se onte nas ruas de Compostela para facer visíbel a sua indignación ante a catástrofe meio-ambiental que devastou a Galiza nos primeiros dias de Agosto.

Manifestación contra o lume. Domingo dia 20 às 12:00 na Alameda de Compostela

Perante a convocatória por parte da Plataforma Nunca Máis dunha manifestación baixo os lemas "GALIZA CONTRA O LUME", "Paremos o terrorismo incendiario" e "Por un cambio nas políticas para o noso monte" de CNT queremos manifestar:

A versión oficial do súper complot terrorista descuberto en Londres apesta

http://www.cntgaliza.org/files/tanque2.JPGAlgúns motivos para cuestionar a versión oficial do suposto multiatentado aéreo e do súper complot terrorista que o orquestaba.
A quén benefician estes atentados?
Un novo Pearl Harbor para preparar a próxima guerra nuclear contra Irán e de paso distraer-nos do xenocídio de Gaza e o Líbano
Un texto de Alfredo Embid.

Todo fica atado e ben atado. A respeito do anteproxecto de lei de Memória Histórica.

http://www.cntgaliza.org/files/memoria.jpg Sabemos que as leis favorecen a perpetuación do sistema capitalista que sufrimos. Sabemos que quen fai a lei, fai a trampa, e que as leis serven tamén para dar apariéncia de cámbio, de mudanza da situación para, ao final, que todo continue igual.

A perversión do sistema capitalista

Na mudanza que a nivel mundial se está a producir e que leva o nome de Neoliberalismo e Mundialización, este País non podía ficar fóra.

Coas suas particularidades, coa sua história, cos seus recursos. A queima incontrolada do monte en Galiza, os lumes terroristas que prenderon os catro pontos cardinais do País teñen unhas orixes diversas mais hai algo que non se nos escapa: hai intereses inmobiliarios. Haberá que seguir as pegadas dos grandes grupos construtores galegos e non tan galegos para ver en que remata a xogada incendiária.

O governo tamén é responsábel

http://www.cntgaliza.org/files/suarez.jpgSe ben hai meses recebemos a boa notícia de que este ano a Consellaría de Medio Rural da Xunta de Galiza ia invertir un maior orzamento para os traballos de prevención dos incéndios (37 millóns de euros dos 69 destinados á loita contra o lume) o certo é que este ano conta-se con menos meios que nunca para afrontar a temporada de incéndios.

A web Consellaria de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible non informa da vaga de incéndios

Hoxe, día 11 de agosto de 2006, compañeiras experimentadas realizaron unha pescuda na Internet para localizar novas e informacións várias sobre os lumes que traen a ruina aos montes da Galiza. Como era lóxico, remataron acudindo á web da Consellaría de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible na que un empoleirado Pachi Vázquez da a benvida, con pose institucional e aires napoleónicos.

2000 persoas saen á rua para protestar contra os incéndios

foto das persoas que saen á rua para protestar contra os incéndios
Convocadas espontáneamente, aló menos duas mil persoas participaron nunha concentración e posterior manifestación para expresar a sua raiba, dor, tristeza, ante a vaga de incéndios que desde fai unha semana está a devastar a nosa terra.

Mercadona ofrece á CNT cincuenta millóns de pesetas polo despedimento de todos os folguistas

http://www.cntgaliza.org/files/mercadona.jpg

Os empregados retoman as protestas en Barcelona cunha manifestación esta tarde