Prensa obreira

Compostela

A CNT inicia conflito coa Asesoría Táboa Confixest SL

  • O sindicato CNT denuncia Táboa Confixest por débedas contraídas cunha traballadora
  • A asesoría non aplicaba o convenio correspondente e obrigaba a realizar horas extra sen compensación

A CNT ven de iniciar conflito coa Asesoría Táboa Confixest S.L. localizada na compostelana rua do Hórreo.

O conflito iníciase pola débeda que mantén a asesoria rexentada por D. Javier Rey e D. Javier Álvarez cunha traballadora filiada á CNT. Segundo afirma o sindicato, a débeda orixínase «fundamentalmente das diferenzas salariais entre o convenio que tiña que ser de aplicación e o que aplicaba a asesoría».

Con todo, o sindicato CNT salienta que aparte da reclamación de diferenzas de convenio, reclámanse «as horas extras que a empresa obrigaba a realizar á traballadora, polo cal estes explotadores acumulan unha débeda de máis de 3000 euros á nosa compañeira».

A dia de hoxe estes empresarios xa foron denunciados pola organización anarcosindicalista e adianta que «pronto comezarán a levar a cabo as accións oportunas» para conseguir os pagamentos pendentes.

Crónica da concentração pola liberdade dos titeriteiros

Liberdade sem cargos

Por volta de meio milhar de pessoas concentraram-se na passada quarta-feira, 10 de fevereiro, na praça do Pão em solidariedade com os titeriteiros detidos em Madrid.

Segundo a CNT, as pessoas detidas foram encarceradas por exercer o direito à liberdade de expressão artística, com a colaboração covarde do governo municipal de Madrid que, num exercício de equilibrismo impossível, tentou agradar a todo o mundo.

Concentración pola liberdade dos titeriteiros

10/02/2016 20:00

liberdade titeriteiros

Un novo proceso xudicial que deriva nun auto de prisión por motivos políticos ou de opinión, é iso ante o que nos atopamos e polo que nos manifestamos hoxe. A CNT quere convidar a todas as persoas que defenden a liberdade de expresión e de opinión a que amosen a súas solidariedade coas persoas detidas e nos acompañen na concentración que se levará a cabo o vindeiro mércores, dia 10, ás 20h na praza do Pan

A CNT Compostela quere manifestar todo o apoio e soliedariedade cos membros da compañía «Títeres desde abajo» na celebración do espectáculo de monicreques “La bruja y Don Cristobal”, pola súa detención baixo a acusación de “enaltecemento do terrorismo” en Madrid o pasado 5 de febreiro, nun dos casos máis vergoñentos dos últimos anos no que se refire á violación da liberdade de expresión.

CNT informa. Xaneiro 2016

 

Primeiros acordos con Médicos Sin Fronteras

Con data de 31 de Agosto de 2015, a nosa compañeira e delegada da sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras veu reducida, de forma unilateral por parte da Organización, a súa xornada laboral e o seu salario nun 20%. Pouco despois, presentábase a impugnación desta reducción, demandando a restitución das condicións anteriores.

Esta semana, antes de entrar ao xuízo, chegouse a un acordo coa Organización polo cal a nosa compañeira recupera as súas condicións laborais.

Acordo no restaurante Sicilia in Bocca

acordo no siccilia in boccaA CNT ven de asinar un acordo para o seu afiliado no local de hostalería compostelana Sicilia in Bocca. Este beneficioso acordo para o traballador permítelle pasar de ter contrato por tempo determinado a un contrato indefinido, á ampliación de horas respecto as que facia actualmente, a que se lle respecten os horarios e dias libres e ao aumento proporcional da xornada de traballo de maneira prioritaria no caso de que aumente a carga de traballo no restaurante.

Continúan as sancións en Médicos Sin Fronteras

As traballadoras e os traballadores de Médicos Sin Fronteras continúan a ser obxecto de sancións disciplinarias por non acadar os resultados esixidos pola Organización. Estas sancións derivan da aplicación cláusula sétima do anexo dos contratos, no que se estipula que de non acadar 6 socios á semana o traballador/a recibirá unha sanción, reservándose a Organización o dereito a un despedimento disciplinario da traballadora ou traballador no caso de ser amonestada/o varias veces.

INESFOR acumula máis demandas por impago

piquete em INESFORA empresa INESFOR, coa que a CNT mantén conflito desde hai uns meses, vén de recibir máis unha demanda por impago de cantidades. O compañeiro do sindicato, ao igual que outros anteriormente, reclamou rescindir o seu contrato para así poder recibir o que lle era adebedado. Aínda segue esperando recibir ese salario por varios meses de traballo.

A maiores a súa situación vese agravada polo feito de que realizaba funcións que non se correpondían co tipo de contratación que tiña; realizando, por exemplo, labores de administración informática e tutorización online; e polas que debería ter cobrado cantidades bastante superiores ás que en principio debería ter recibido.

Leonardo Amboage, INESFOR, paga o que debes.

A CNT interpón conflito colectivo contra Médicos Sin Fronteras

A sección sindical da CNT en Médicos Sin Fronteras ven de interpoñer conflito colectivo contra a empresa solicitando a nulidade da cláusula  sétima unida a todos os contratos de  traballo referidos á categoría de capatadores/as no centro  de traballo da ONG Médicos Sin Fronteras de Santiago de Compostela.

A ONG Médicos Sin Fronteras ven incluíndo de xeito unilateral e xeneralizado en cada contrato de traballo suscrito polo personal con categoría de capatador , unha cláusula de obxectivos mínimos, en virtude da cal o/a traballador/a firmante queda obrigado ao cumprimento duns obxectivos mínimos, que, no caso de non ser acadados en tres meses consecutivos, poden supor o despedimento do/a traballador/a.

Apresentação "Ouróboros: La espiral de la pobreza"em Compostela

Esta próxima quarta feira dia 18 terá lugar a apresentação do filme "Ouróboros: La espiral de la pobreza" contando com o seu diretor Julio Reyero.

O evento será no local do sindicato, às 19h30.

 http://ouroborosdocumental.org/

Nestes tempos de crises e que se agudizan as carências de necessidades básicas em faixas de população a cada vez maiores se está a produzir um transvase de recursos públicos para instituições de caridade de carácter religioso. Tanto os projetos de movimentos sociais baseados na solidariedade e a reivindicação como a assistência social pública, ambos fundamentados nos direitos das pessoas, chocaram de múltiplas formas com essa maneira de abordar a pobreza em que com frequência se vulnera o respeito à dignidade e se oculta a origem da desigualdade que nos leva a situações como as que vivemos.