Prensa obreira

Compostela

CNT denuncia por modificación dos contratos á ONG Médicos Sin Fronteras

  • MSF altera unilateralmente os conceptos na nómina dos captadores/as de socias/os
  • CNT critica a impropia política laboral da ONG Médicos Sin Fronteras

A CNT ven de presentar denuncias contra a ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) por mor de ter modificado substancialmente as condicións do contrato de traballo dos seus traballadores/as na captación de socios/as.

MSF sen previo aviso acerca da modificación dos conceptos aboados na nómina alterou os conceptos retributivos das nóminas a partir do mes de febreiro de 2016. Con esta modificación a ONG “evita actualmente unha subida salarial e “cúbrese” respecto a unha eventual subida dos complementos da nómina; e todo elo baixo a falsa apariencia de que a nómina dos traballadores permaneceu invariable” como afirma a delegada da sección sindical de CNT.

Finalizado conflito coa Pulpería Fuentes

A CNT de Compostela da por finalizado o conflito que mantiña coa Pulpería Fuentes situada no barrio de Conxo.

O conflito péchase ao alcanzar co empresario o mesmo dia do xuízo un acordo moi beneficioso para a nosa compañeira.

Protesta contra MSF ás portas do xulgado

  • Novo piquete da CNT contra Médicos Sin Fronteras (MSF) nos xulgados de Compostela
  • Adiado xuizo por discriminación de traballadores/as estranxeiros en MSF

piquete CNT contra MSF

 

Este mércores 6 de abril a CNT protestou de novo contra as políticas laborais de Médicos Sin Fronteras (MSF) na data en que estaba previsto celebrar o xuizo por discirminación da compañeira e compañeiro traballadores estranxeiros de MSF. Finalmente o xulgado admitiu a posibilidade de celebrar xuntos os xuizos da compañeira e o compañeiro denunciantes, aínda que debido á escasa marxe nas notificacións ás partes implicadas o xuizo foi adiado ata o vindeiro mes de maio.

Nova demanda por discriminación intensifica a campaña contra Médicos Sin Fronteras

  • Esténdense os piquetes contra a vulneración de dereitos por parte da ONG
  • Xa son dúas as demandas de discriminación por nacionalidade contra Médicos Sin Fronteras
  • «A menos diálogo mais mobilización» contra a política laboral de MSF
  • Segundo fontes sindicais «non se descarta escalar a campaña»

Piquete CNT Zaragoza MSF

Máis un captador de socios de Médicos Sin Fronteras ven de presentar demanda contra a empresa por vulneración de dereitos por razón de nacionalidade. Xúntase esta á demanda da outra traballadora que, por non seren ambos de nacionalidade española, a ONG se nega a mudar o seu contrato temporal para indefinido, como co resto de traballadores e traballadoras.

Segundo informa o sindicato CNT «non existe ningún impedimento legal, de feito, a Secretaría Xeral de Inmigración e Estranxería respalda a a contratación igualitaria entre persoas nacionais e estranxeiras».

CNT de novo á porta de Médicos Sin Fronteras

  • Novo piquete da CNT na oficina compostelana de Médicos Sin Fronteras denunciando discriminación de dous traballador@s
  • CNT insiste en que non hai impedimento legal para que se regularice a súa situación

piquete CNT en Médicos Sin Fronteras

Este xoves 31 de marzo a CNT volveu concentrarse ás portas da oficina da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) en Compostela para denunciar públicamente a discriminación por razón de nacionalidade que sofren dous compañeiros do sindicato.

Ante a mirada atónita de moitas persoas, algunhas delas socias da propia ONG, repartironse centos de octavillas informativas e explicaronse os problemas laborais que padecen os equipos de captación de socios/as e, especialemnte a problemática dunha traballadora e doutro traballador amboas os dous extranxeiros que contan con contratos distintos ao resto "residentes nacionais". Todo isto a pesar de non existir problema legal algún en seren regularizados os seus contratos como todos e todas as demáis traballadoras.

Piquete da CNT informa das práticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras

  • O piquete informou sobre as práticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras
  • A Sección Sindical da CNT en MSF apela ao diálogo mais a ONG continúa a negarse

piquiete cnt en msf

Este martes 22 de marzo un piquete da CNT concentrouse perante a sede de Médicos Sin Fronteras na composteana rúa do Vilar. O piquete informou aos viciños e viciñas compostelanas da discriminación sufrida por parte dunha traballadora de Médicos Sin Fronteras por razóns de nacionalidade.

O sindicato CNT informou que «a traballadora ven de denunciar a empresa por vulneración de dereitos fundamentais visto que foi discriminada por ser estranxeira ao non facilitar a conversión do seu contrato a indefinido como o resto de compañeiras e compañeiros».

INESFOR é condenada por despedir trabalhadores

Logo INESFOR

  • A empresa INESFOR condenada por vulneración de direitos fundamentais
  • O empresário Leonardo Amboage deverá indemnizar e pagar as dívidas à trabalhadora e trabalhador despedidos

A empresa de formação laboral e profissional INESFOR, com sede em Bertamirães, vem de ser condenada por ter despedido uma trabalhadora e um trabalhador trás demandar a empresa.
Segundo informa a CNT o empresário Leonardo Amboage, que devia à trabalhadora e a outro trabalhador vários meses de salário, «terá que assumir o pagamento de aproximadamente 30000 euros por vulneração de direitos fundamentais e polas dívidas acumuladas».
A trabalhadora e trabalhador que reclamaron a extinção do contrato por incumprimento por parte do empresário, ao estar a trabalhar sem receber salário durante vários meses, foron despedidos como consequência dessa denúncia.

Médicos Sin Fronteras é demandada por discriminación

  • Captadora de socios demanda a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais
  • Denuncia discriminación e fraude de lei na contratación
  • A empresa discrimina traballadora por razón de nacionalidade
  • Este tipo de condutas discriminatorias poderían implicar multas de até 187.515 euros.

MSF discrimina

Unha traballadora filiada ao sindicato CNT veñen de demandar a Médicos Sin Fronteras por vulneración de dereitos fundamentais.

A captadora de socios da ONG foi vítima da discriminación por parte da empresa por razóns de nacionalidade ao non facilitar a conversión do seu contrato temporal (en fraude) a indefinido.

Segundo fontes do sindicato CNT «a traballadora leva prestando servizos como captadora de socios en Médicos Sin Fronteras desde hai dous anos e foi inicialmente contratada de forma temporal en fraude de lei, visto que os seus servizos obedecen a necesidades constantes da empresa».

Habia unha vez Táboa Confixest

  • O sindicato CNT continúa a campaña contra a asesoría Táboa Confixest por impagamento de dévedas
  • Un segundo piquete é organizado ás portas da asesoría
  • A asesoría responde autodefiníndose como 'circo'

piquete em Táboa Confixest

Dentro da campaña desenvolvida pola CNT contra os empresarios Javier Rey e Javier Álvarez e contra a asesoría Táboa Confixest, un novo piquete saiu ás rúas onte para denunciar e informar os veciños e veciñas de compostela das súas práticas explotadoras.

Segundo informa o sindicato, a asesoría da central rúa do Hórreo compostelana «non aplicaba o convenio correspondente o cal implica unha déveda polas diferenzas salariais».

Alén diso, os empresarios obrigaban a realizar horas extra á traballadora filiada ao sindicato CNT «que non eran compensadas».

Por estes motivos, a CNT denunciou «a acumulación de unha déveda de 3000 euros» e iniciou a pasada semana accións sindicais «até que os empresarios salden a súa déveda».

Durante o piquete, a asesoría respondeu os argumentos da organización anarcosindical na língua universal, a música, colocando uns altifalantes coa canción «Habia una vez un circo». Para os organizadores do piquete «non existe mellor definición desta empresa, un circo que utiliza o fraude para encher as vidas dos empresarios de cor e ilusión, roubando o que pertence ás traballadoras».

Salientan os presentes que «frente a cor verde empresarial, estarán sempre a vermella e a negra anarcosindical».

Piquete da CNT en Táboa Confixest

A asesoría rexentada por D. Javier Rey e D. Javier Álvarez mantén un conflito co sindicato CNT pola débeda contraída cunha filiada.

piquete em Táboa Confixest

No pasado xoves, 18 de febreiro, un piquete da CNT concentrouse ante a Asesoría Táboa Confixest, con sede na céntrica rúa compostelana do Hórreo.

Durante o piquete, os veciños e veciñas compostelanas foron informadas das prácticas explotadoras dos empresarios, que se negan a pagar a débeda reclamada «relativa ás diferenzas salariais entre o convenio que tiña que ser de aplicación e o que aplicaba a asesoría».

Alén diso, segundo a organización anarcosindicalista, a empresa obrigaba á traballadora e realizar horas extra «acumulando unha débeda de 3000 euros».

Como xa avisou o sindicato recentemente, este é o inicio das accións sindicais contra a empresa denunciada e continuarán «até que os empresarios salden a súa débeda coa compañeira».