Prensa obreira

Compostela

Médicos Sin Fronteras condenada por discriminación

  • O xulgado recoñece a vulneración do dereito fundamental dos traballadores afectados
  • A CNT agarda que MSF respecte a decisión xudicial e pide o cese da responsable de MSF

#MSFdiscrimina

Nesta semana resolveuse a demanda presentada o pasado abril por CNT contra a ONG Médicos Sin Fronteras por discriminación por razón de nacionalidade nos contratos da compañeira e o compañeiro estraxeiros que traballan na captación de fondos para MSF adscritos á delegación da ONG en Compostela.
A sentenza do xulgado nº3 de Santiago de Compostela declara que "foi vulnerado o dereito fundamental (artigo 14 da Constitución)" da compañeira e compañeiro demandantes e "obriga a MSF a cesar na conducta de negar a conversión do contrato en indefinido con respeto á normativa vixente".

Médicos Sin Fronteras condenada por modificar as condicións salariais do seu persoal de captación

  • A CNT denunciou o pasado Abril á ONG pola modificiación unilateral e inxustificada das condicións contratuais dos seus traballadores e traballadoras.
  • O Xulgado estima completamente a demanda e Médicos Sin Fronteras terá que repoñer as condicións anteriores.

Médicos Sin Fronteras ven de ser condenada por modificar as condicións salariais do seu persoal de captación de fondos tras a denuncia realizada por CNT o pasado mes de abril. A ONG aproveitou a entrada en vigor dun novo convenio colectivo para modificar conceptos nas nóminas dos seus traballadores/as baixo unha falsa apareciencia de legalidade, pero no fondo estes cambios revestían a intención de non aplicar as melloras salariais pactadas por negociación colectiva.

Médicos Sin Fronteras despide traballador de CNT

  • CNT concentrouse na sede de MSF reclamando a readmisión do despedido
  • MSF acusa en falso para xustificar o despedimento disciplinario
pikete CNT en MSF
A ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) ven de despedir disciplinariamente a un dos seus traballadores na captación de socios/as que pertence á Sección Sindical da CNT en MSF. Por este motivo, escasas horas despois de executar o despido, a CNT concentrouse ás portas da oficina da delegación de Galicia de MSF na compostelana rua do Vilar para revindicar a readmisión do compañeiro despedido.

Muitas Lauras precisa este país

A CNT de Compostela quer mostrar o seu apoio à companheira Laura Bugalho, ativista LGBT e sindicalista da CIG, que no próximo dia 7 de junho terá juízo com motivo do seu trabalho de assessoramento de pessoas migrantes.

muitas lauras

Laura está a sofrer um processo judicial desde 2009, momento em que denunciou uma máfia que atuava na Galiza a explorar migrantes, para o qual a fiscalia e polícia pedem 8 anos de prisão.

O sindicato CNT quer mostrar o seu apoio a Laura, uma companheira sinónimo e exemplo de solidariedade, e faz um chamado a participar na concentração que acompanhará a nossa amiga no dia 7 de junho às 9h nos Julgados das Fontinhas.

Médicos Sin Fronteras xulgada por discriminación de traballadores/as

  • piquete CNT. MSF discriminaFinaliza a campaña de CNT "Moitas cores, mesmos dereitos" co piquete sindical o dia do xuízo
  • Continúan na ONG Médicos Sin Fronteras outros conflitos laborais sen seren resoltos

Este mércores 18 de maio tivo lugar en Compostela o xuizo por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras traballadores da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Á entrada dos xulgados compostelanos a CNT realizou outro piquete informativo como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" que pretendeu visibilizar a  problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e que veu desenvolvendose nas últimas semanas por diferentes cidades do estado.

A CNT informa en varias cidades das prácticas discriminatorias de Médicos Sin Fronteras

  • A CNT informa en Madrid, Valencia e Barcelona da situación das traballadoras estranxeiras da ONG
  • «Mentres MSF manteña esta actitude discriminatoria seguirase apoiando ás traballadoras e denunciando a situación»

Solidariedade Barcelona

Ao longo desta semana, e como vén acontecendo nos últimos días, replícanse as mostras de apoio e solidariedade, en diferentes cidades, coas traballadoras de Médicos Sin Fronteras que actualmente manteñen un conflito coa ONG por motivos discriminatorios.

Sexto piquete a Médicos Sin Fronteras en Compostela

  • Continúa a campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" con outra protesta en Compostela
  • A ONG Médicos Sin Fronteras segue sen demostrar interese por solucionar os conflitos laborais existentes

pikete deccnt ante msf

Como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos", a CNT ven de concentrarse novamente este mércores 11 de maio ás portas da oficina compostelana de Médicos Sin Fronteras (MSF) denunciando a discriminación de dous traballadores/as da ONG. Centos de panfletos informativos foron repartidos aos viandantes do casco vello de Compostela explicando a problemática laboral na ONG Médicos Sin Fronteras e facendo especial fincapé na denuncia por discriminación nos contratos de traballo que sofren un compañeiro e unha compañeira extranxeiras contra a que CNT interpuxo denuncia por vulneración de dereitos fundamentais.

Piquete informativo da CNT no acto do Presidente de MSF

  • A CNT informou fora e dentro do acto de MSF "Diálogos Sin Fronteras" celebrado en Vigo
  • O Sr. Bastos, Presidente de Médicos Sin Fronteras despreza a protesta do seus propios traballadores/as.

Piquete da CNT en Vigo presidente MSF

Como parte da campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" a CNT fíxose este xoves presente en Vigo con motivo do acto que o Presidente de Médicos Sin Fronteras (MSF) tiña no auditorio Afundación da cidade olívica. O piquete ás portas do lugar de celebración do evento "Diálogos Sin Fronteras" repartiu centos de panfletos informativos sobre a problemática laboral na ONG Médicos Sin fronteras, facendo especial fincapé na denuncia por discriminación presentada por CNT. Así, moitos viandantes e prácticamente a totalidade de asistentes ao acto puideron ser informados das problemáticas laborais en MSF.

CNT sae ás rúas no primeiro de maio

  • A CNT saíu ás rúas no Primeiro de Maio baixo o lema «Orgullo e dignidade obreira».
  • A manifestación percorreu as principais rúas da cidade compostelana
  • O acto fechouse coa participación da Sección Sindical en Médicos Sin Fronteras e do Secretário Xeral do Comité Confederal

manif 1 maio

Neste Primeiro de Maio o sindicato CNT Compostela aproveitou para saír ás rúas compostelanas, partindo da Porta do Camiño, nunha manifestación moi activa, como ven sendo habitual nas convocatorias do sindicato libertario.

Entre as habituais consignas da organización anarcosindicalista como «Unión, Acción, Autoxestión» o cortexo discorreu polas principais rúas da cidade.

Campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" contra a discriminación en MSF

  • CNT relanza a campaña de protesta contra Médicos Sin Fronteras (MSF) ante a proximidade do xuizo por discriminación
  • MSF segue sen recoñecer os seus erros prefirindo o enfrontamento con CNT e tratando de ofrecer cartos pola retirada da demanda

MSF discrimina "Distintas cores mesmos dereitos"

CNT por en marcha a campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" contra a discriminación de un traballador e unha traballadora da ONG Médicos Sin Fronteras (MSF) ante a proximidade do xuizo o vindeiro dia 18 de maio.

A campaña "Moitas cores, mesmos dereitos" nace coa vontade de concienciar á cidadanía sobre a problemática laboral existente na ONG Médicos Sin Fronteras, poñendo o énfase nos casos de discriminación pero sen esquecer as múltiples denuncias interpostas pola CNT en materia laboral.