Enquisa HostaleríaDigna

Compostela

A CNT concéntrase diante de Time Road para esixir a readmisión da compañeira represaliada

  • Por terceira vez, a CNT visita as dependencias de Time Road para informar á veciñanza das prácticas da empresa.

Por terceira vez a CNT concéntrase diante da xoiería e reloxería Time Road en Compostela, desta vez para esixir a readmisión da compañeira do sindicato que foi despedida tras demandar á empresa polo pago dunha débeda que, por certo, aínda está pendente.

A CNT demanda de novo ao Concello de A Guarda pola situación do Grupo de Emerxencias Supramunicipal

A CNT ven de demandar ao Concello de A Guarda como responsable da situación de ilegalidade que, ainda tras as últimas victorias conseguidas pola sección sindical, segue persistindo no Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) da zona.

A sección sindical da CNT no GES de A Guarda denuncia o continuo incumprimento da lexislación, das sentenzas a favor logradas nos últimos anos e do convenio colectivo de persoal laboral do concello, polo que se rixen.

A CNT demanda á empresa de bisutería TIME ROAD por despedimento nulo

 

 

A empresa Time Road, adicada ao comercio de xoiería e bisutería, enfrontábase a un conflito sindical tras a demanda, o pasado novembro, dunha afiliada da CNT polo recoñecemento de salario e categoría que realmente lle corresponden.

Time Road realizou un despedimento disciplinario á traballadora que demandou o recoñecemento da súa categoría, co consecuente aumento de salario, o pasado mes de novembro. Non é algo extrano, mais aínda nos sorprende coma sindicato, a capacidade dalgunhas empresas para construir realidades que podan xustificar un despido disciplinario -sen indemnización, sen preaviso- deste calibre. En palabras da empresa “por graves y reiterados incumprimentos contractuais, que
son constitutivos de graves transgresións da boa fe contractual, así coma dun reiterado abuso de confianza no desenvolvemento do traballo que ten encomendado”.

A CNT demanda a EULEN e a COMBINA SOCIAL por despedimento nulo

  • Combina Social S.L. foi adxudicataria do servizo de auxiliares nocturnos nos internados dos centros de formación e experimentación agroforestal dependentes da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal, do que era anterior titular EULEN.

 CNT Galiza ven de demandar ás empresas EULEN e COMBINA SOCIAL pola non subrogación dun traballador que prestaba servizos para a primeira das empresas e que, segundo o sindicato, debeu ser subrogado cando Combina Social se converteu na adxudicataria do servizo.

CNT participará no acto de difusión da folga feminista da MMM

  • CNT Galiza participará no acto organizado pola Marcha Mundial das Mulleres.

O vindeiro 15 de febreiro terá lugar en Compostela un acto de difusión e información sobre a folga xeral feminista convocada para o vindeiro 8 de marzo. A CNT participará abordando o seu posicionamento a favor da convocatoria de 24 horas no ámbito laboral, así coma no de coidados, estudiantil e de consumo.

O acto será na Casa das Mulleres Xohana Torres ás 20:00.

Déjà vu? Non. Outra condena para Santa Apolonia

 

  • Segunda sentenza esta semana na que se recoñece a vulneración dos dereitos fundamentais do delegado da sección de CNT no colexio privado Santa Apolonia.

Ao colexio privado Santa Apolonia estalle a custar cara a súa actitude kamikaze en contra dos dereitos das persoas afiliadas ao noso sindicato. A pesar do empeño en acosar, humillar, cambiarlle as funcións e o horario, e moitas outras lindezas que sofre o noso compañeiro, os xulgados tiran pola mesma vía: vulneración de dereitos fundamentais e indemnización polos danos ocasionados.

Desta vez, a indemnización ascende a máis de 6.000€ da que responderán novamente Maria del Rosario Medina Gómez e Armando Jorge Barbazan Leis, administradores da empresa.

Agora sí que perdemos a conta das sentenzas favorables.

CNT Galiza reúnese con En Marea

Con motivo da folga xeral feminista que a CNT convoca o próximo 8 de marzo, o sindicato solicitou reunións para facer chegar as reivindicacións da folga aos axentes políticos e á patronal. Así, o 7 de febreiro tiña lugar a primeira reunión entre as representantes do sindicato e o grupo parlamentario En Marea.

Paula Quinteiro, en representación do seu partido político, escoitou de primeira man as reivindicacións do movemento feminista e mostrouse aberta a levalas ao parlamento, así como a seguir mantendo reunións despois da folga de 24 horas convocada.

O sindicato salienta e «agradece a rápida resposta de Paula Quinteiro» ante a solicitude de reunión.

Novo revés para o Colexio Santa Apolonia

 

  • Santa Apolonia volverá a indemnizar ao delegado da sección sindical tras o fallo do Tribunal Superior de Xustiza.
  • Maria del Rosario Medina Gómez e Armando Jorge Barbazan Leis, administradores do colexio privado, responderán polos danos e perxuizos derivados da vulneración de dereitos fundamentais.

Non pasaron nin tres meses desde que o Santa Apolonia recibiu a sentenza que o condenaba a abonar 6250€ por danos morais, cando a CNT recibe de novo unha sentenza favorable: terán que repoñer ao delegado na xornada laboral anteriormente desempeñada -e que fora cambiada para perxudicalo- e ademáis indemnizalo polo dano causado con 10.000 euros.

Outra victoria da Confederación.

7 Febreiro: Unha visión libertaria acerca do procés català

 

 

O próximo mércores 7 de febreiro, a CNT organiza unha palestra titulada "Unha visión libertaria acerca do procés català". O acto terá lugar na Casa do Matadoiro, en Santiago de Compostela ás 20 horas.

A palestra ven dada pola convulsa situación política e social en Catalunya e contará con Jordi Vega, redactor do programa revolucionario que adoptou a CNT de Catalunya con este asunto.

Unha visión libertaria acerca do procés català.
7 de febreiro ás 20:00.
Casa do Matadoiro (Compostela)

Incluimos unha recopilación de textos sobre o procés català que podes descargar en PDF.

Xornada de loita estatal contra as listas de espera. 25 DE XANEIRO DE 2018

 

 

O proceso planificado de privatización e deterioro do sistema sanitario, posto en marcha desde hai anos, está dando desgraciadamente os seus froitos: interminables listas de espera (que además se desplazaron do quirófano ao diagnóstico); incremento dos seguros sanitarios privados; aumento das diferenzas entre territorios; e sobre todo moita dor e sufrimento para a poboación traballadora e/ou excluída.

Fronte a esta gravísima situación, colectivos de diversos puntos do estado chamamos a relizar movilizacións, o próximo 25 de xaneiro, ante os centros sanitarios. Contra as listas de espera e a mercantilización do sistema sanitario. Por unha atención sanitaria digna. Porque hai solucións, ainda que os políticos non queiran velas.

A CNT concentrarase nos seguintes puntos o vindeiro 25 de xaneiro:

  • OURENSE: Na porta principal do Hospital Nuestra Señora de Cristal, ás 12:00.
  • COMPOSTELA: Na porta principal do Hospital Clínico Universitario, ás 20:00.

Aquí podes ver a octavilla e o díptico.