Centenario da CNT. 1910-2010
Centenario de CNT no estado
Mem贸rias rotas: A balada do comandante Moreno en Compostela
Este xoves 10 de Xuño terá lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a presentación do documental "Memorias Rotas", sobre o asasinato dos cenetistas José Moreno Torres e os milicianos do Batallón "Galicia" no Acebo (A Fonsagrada).
Recital de poesia en Compostela
Hoxe as 20:00 horas tivemos o recital de poesia no marco da exposición sobre o centenario da CNT e da súa publicación Solidaridad Obrera.
Ante un nutrido grupo de asistentes foi Gaspar quen empezou cunhas palabras a Ferrer i Guàrdia antes de recitarnos uns bonitos poemas de contido social e historico e, a dueto xunto a Xosé Lois, lembrarnos a matanza de inocentes en Teo. Seguiu Xosé recitando sentidamente en honor a Liste e a Xoan Xesus Gonzalez da casa da Quintá, a familia Fandiño e rematando cun moi actual pasaxe do libro "Utopia", a pesares de datarse do 1 516.
Apresentaci贸n da exposici贸n sobre o peri贸dico Solidaridade Obreira
Hoxe martes 9 de marzo, o SOV de Compostela celebrou a apertura da exposición Solidaridade Obreira cuns trinta amigos na Casa das Asociacións de Cornes en Conxo.
A festa empezou as 19:00h. co noso compañeiro Pancho nunha introducción ao nacemento do periodico e da Confederación. Despois deu paso as poetisas Xiana Arias e Meri Rosende que nos deleitaron cun texto moi sentido preparado amablemente para a ocasión, "Facendo Memoria" e cunha colección de fotografías para repartir entre os asistentes.
Cen anos despois, as traballadores seguimos necesitando loitar contra o desigual reparto da riqueza
Se a comezos do S.XX as condicións de vida da clase obreira eran terríbeis, para mulleres e nenos traballadores eran-no aínda máis.
A exposici贸n 鈥淪olidaridad Obrera鈥 na Galiza
Con motivo do Centenário do periódico “Solidaridad Obrera” (1907-2007) , os compañeiros de Catalunya i Balears realizaron unha exposición acerca da sua história e agora, visita Galiza da man dos diferentes sindicatos da CNT galaica. É un orgullo para o movimento libertário e para nós como anarco-sindicalistas, poder apresentar sob esta exposición a un dos periódicos da imprensa obreira máis lonxevos e que chegou a constituir-se en diário con unha tiraxe de 220.000 exemplares na Cataluña libertária de 1936.
Hijos del pueblo鈥 A las barricadas! A recuperaci贸n de dous hinos hist贸ricos
Se falamos da hist贸ria do anarco-sindicalismo ib茅rico non podemos deixar de p贸r en valor os s铆mbolos que o representaron durante estes cen anos que agora cumpre a CNT.»
CNT, 1910-2010: Un s茅culo de anarco-sindicalismo
Este ano que comeza, a Confederación Nacional do Traballo fai cen anos. Son cen anos de compromiso coas liberdades, coas dignas luitas das clases operárias e desposuidas. Son cen anos enfrentando todo tipo de represións, pero tamén cen anos de distintos éxitos en diferentes níveis, cen anos de contribuir para a auto-emancipación da clase traballadora, cen anos de intentar estar mási cerca da utopia revolucionária que guia as nosas vidas. Son cen anos de duro traballo, no que milleiros de mulleres e homes deron a sua vida enteira na luita por recuperar a liberdade e dignidade de que nos desposuen o capitalismo, a relixión, o fanatismo. E milleiros de homes e mulleres continuar dia a dia esta luita que non terá fin até a completa emancipación da clase traballadora.









