cnt cnt

Represión no ensino: O caso Brais

Oficialmente, Brais de novo nas listas

Compostela. 28 Xullo, 2010 - 13:31

Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.


Concentración na Xunta pola readmisión de Brais

Compostela. 22 Abril, 2010 - 15:36

concentracion na xunta por BraisHoxe às 12 da mañán contentramo-nos perante a Consellaria de Educación da Xunta de Galicia (San Caetano) para reclamar a reincorporación nas listas de interinos e substitutos de matemática do compañeiro Brais, pois apesar de que a Xunta foi condenada por sentenza xudicial á reincorporar nas listas ao compañeiro isto non se produciu. A Xunta recurriu a sentenza e agora está a apresentar unha impugnación ao noso recurso perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.


A Administración condenada a recolocar ao compañeiro Brais nas listas de interinos

Compostela. 17 Marzo, 2010 - 20:35

A Sentenza do xulgado do Contencioso-Administrativo nº 2 de Santiago, ordena à Administración a que repoña a Brais no seu direito a estar nas listas de interinos e substitutos.A sua vez rebaixa notoriamente o número de sancións inicialmente impostas; pese a este resultado, a CNT non fica conforme, xa que as interpretacións acerca das funcións da guarda civil fan-nos lembrar (e temer) o tipo de Estado no que vivemos. Por outra banda, non se cuestiona a ilegalidade da Addenda que permite botar das listas de substitución a toda aquela persoa que sexa suspendida de emprego e soldo, con independéncia da gravidade ou irreleváncia dos factos polos que sexa condenada.


Celebrado o xuízo do compañeiro Brais

Compostela. 9 Febreiro, 2010 - 15:17

 O primeiro de todo agradecer aos solidários e solidárias, que se concentraron hoxe, diante dos Xulgados de Fontiñas en Compostela en número de vinte e tal, entre compañeiros e compañeiras da CNT e outros colectivos, para alén de persoas que mostraron a sua solidariedade e o seu cariño ao compañeiro Brais en un dia muito especial para el, pois era o dia en que se tiña que ver frente a frente coa “xustiza”. Temos que agradecer especialmente aos sindicatos de ensino CIG e STEG, que con seus representantes estiveron no xuízo para o que fora menester.


Concentración e xuízo de Brais o 9 Feb às 10 h en Fontiñas

Compostela. 8 Febreiro, 2010 - 17:31

Concentraremo-nos en solidariedade con Brais o 9 de Febreiro ( Martes-Terça Feira) às 10 h nos Xulgados de Fontiñas, con ocasión do xuízo contencioso-administrativo que se vai celebrar a continuación ao noso compañeiro, despedido desde o 26 de Febreiro do 2009, ao aplicar-se-lle a Addenda 11/07/06 firmada polos Sindicatos CC.OO.,CSIF e ANPE, minoritários no sector de Ensino Público.


A solidariedade con Brais en marcha !!

Compostela. 4 Febreiro, 2010 - 18:20

Concentración ás portas de San CaetanoChegamos às 12 en ponto como é menester e apesar da chuvia, e contando coa presenza de algo máis de unha dúcia de compañeiros e compañeiras, iniciarmos o acto. Como sempre desdobramento de faixa, panfletos, megafone e como non!, carriñas de policia, unha estática e outra dinámica (ao redor de nós).

Desta volta estaban muito mais preocupados que de costume, pois pasaron a identificar-nos a todos e cada un das concentradas, non sabemos se é porque o noso programa era apertado, pois tiñamos previsto facermos a concentración à porta da sede central da Xunta, facermos entrega dos centos de sinaturas recollidas e despois entrarmos na edifício, e iso foi o máis pavero, pois fomos escoltados adiante, no meio e atrás por toda a policia, até chegarmos ao Salón de Graus.


Vídeo da manifestación en Arteixo por un ensino libertário

Compostela. 7 Xullo, 2009 - 10:54

Disponibilizamos do vídeo da manifestación que o pasado 20 de xuño realizou a CNT galega polas ruas de Arteixo, en solidariedade co profesor Brais, represaliado e despedido do seu posto de traballo


Arteixo: A solidariedade da CNT en marcha!

Compostela. 20 Xuño, 2009 - 19:33

CNT ensino libertario arteixoConvocados pola CNT, reunimo-nos en Arteixo algo menos de un centenar de compañeiros  e compañeiras pertencentes aos sindicatos da Galaica, Ferrol, Betanzos, A Coruña, Vigo, Lugo Compostela, asi como solidários e solidárias coa causa do noso compañeiro Brais, despedido do ensino logo dun longo proceso, acusado e sancionado por 4 “presuntas†faltas graves a un total de 25 dias de suspensión de emprego e soldo e portanto ao despido pola sua condición de interino-sustituto.


20X: Manifestación en Arteixo por un ensino libertario

Compostela. 16 Xuño, 2009 - 20:11

Este vindeiro sábado 20 de xuño convocamosvos a unha manifestación en Arteixo contra a represión no ensino, por un ensino libertario e en solidariedade con Brais.


Palestra na Gentalha do Pichel em solidariedade com Brais

Compostela. 9 Xuño, 2009 - 19:42

No movimento de solidariedade criado ao redor do nosso companheiro Brais, professor despedido como sabeis, por reclamar dar aulas de matemática em galego e enfrentar-se ao sistema autoritário de ensino que padecemos, desta volta no liceu "Manuel Murguia" de Arteijo, a "Gentalha do pichel" teve a bem organizar uma palestra nesta quinta-feira 11 de Junho às 20.30h, no que está convidado o nosso companheiro Brais da CNT e José Cabido do STEG.


Distribuir contido
  Confederación Nacional do Traballo