Galiza
Oficialmente, Brais de novo nas listas
Con data de 19 de Xullo de 2010, recebemos na CNT a executória nº 18/2010, ditada no procedemento abreviado 225/2009 na que se ordena que “se proceda, de forma inmediata, a realizar las actuaciones necesarias para reponer al recurrente ejecutante Brais en las listas de sustitutos e interinos para los cuerpos docentes de la Consellaria de Educación”.
Charla sobre a reforma laboral en Ferrol
A Federación Local da CNT de Ferrol inicia a súa campaña de mobilizacións cara á folga xeral do 29 de setembro contra a reforma laboral e os recortes sociais.
Proxectos S.L. O discreto encanto da burguesia galega
Dende o sindicato de Ferrol queremos sacar á luz o caso da empresa Proxectos, un sector o das teleoperadoras que aínda garda reductos non deslocalizados (que palabro) no país, pois certos ámbitos como pode ser a administración non lles vai bonito un acento sudaca, co alto que sae o convenio por este lado do charco...
Apresentación do Paseo humorÃstico a través das relixións e os dogmas

Unha grande dose de ateismo e pensamento anti-relixioso é mais necesária do que nunca, agora que impregna a cidade o abafante ambiente ultra-relixioso imposto pola "festividade" cristiá do Apóstolo Santiago, nun momento no que a Igrexa decide celebrar durante un ano enteiro, ano que contará entre outras barbaridades coa visita do Pastor Alemán Ratzinger, ao tempo que debemos asistir à ofensiva católica contra às mulleres, contra a xuventude, contra as persoas que deciden ter sexualidade, contra as que deciden cando ter fill@s ou non tel@s... Por iso, a CNT de Compostela convida a todo aquel que goste do pensamento libre, à apresentación pública do libro "Paseo humorístico a través das relixións e os dogmas", que terá lugar este xoves 22 de Xullo, às 19:30, na Praza de Cervantes.
Suso Pais xa vai pagando
Esta semana, a CNT chegou a un acordo co dono das cafetarias Conga e Literarios. Tras varios infructuosos intentos de comunicación, finalmente e tras a primeira concentración diante do bar “A Conga”, aviu-se a falar co sindicato.
Suso Pais: Paga o que debes. Concentración na cafetaria A Conga
Esta mañá de xoves treboento, un piquete da CNT de Compostela concentraba-se nas portas da cafetaria A Conga, cafetaria na que o empresário progre Suso Pais lesiona continuamente os direitos d@s traballador@s. O dia amenceu treboento, pero para treboada a que tivo que aturar Suso Pais, dono tamén do Café Literarios, pois durante unha hora @s cenetistas informamos às boas xentes de Compostela e aos visitantes da cidade das prácticas anti-operárias deste empresário da noite compostelana, até que conseguimos que a clientela fose abandonando o estabelecemento e este ficase tan baleiro como as carteiras d@s empregad@s aos que Suso Pais non lles paga o que lles debe.
Conflito con Iter Itineris

A CNT de Compostela entra en conflicto coa empresa Iter Itineris, empresa de turismo de aventura de Compostela, que traballa por toda a galiza.
Esta empresa ten o costume de pasar por riba dos xa exíguos direitos d@s traballadores/as do sector. A empresa obriga aos/as seus/as traballadores/as a facer xornadas de 14 e 16 horas por 50 € e a se desprazar sen direito a dietas, sen pagar os salários adebedando cantidades durante un ano enteiro (o xefe, por suposto, cobra todos os meses), encadea sucesivos contratos temporais fraudulentos...
Boicot às cafetarias Conga e Literarios por constantes ataques aos direitos d@s traballador@s

En poucas semanas xa son duas as persoas traballadoras que acudiron até este sindicato para reclamar contra os despidos e vulneracións aos direitos laboráis por parte do rexente do bar a Conga e do Café Literarios. Este empresário de aire progre é un exemplo perfecto da super-explotación que sofren @s traballador@s do sector da hostelaria en Compostela, mais cando o Xacobeo inunda o ambiente e as ánsias de benefícias por riba de calquera cousa son o principal obxectivo dos empresários da noite compostelana.
Entre as diversas vulneracións aos direitos d@s traballador@s que practica o empresário das cefetarias Literarios e Conga destacamos:
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »







